Nestas tardes de choiva , dalle a unha por navegar pola rede, na busca dunha pouca de tranquilidade para este corazón aflixido pola climatoloxía totalmente adversa, e ás veces, atópase unha con sorpresas , como a que me encontrei esta tarde, un blog nin máis nin menos que dunha ministra, o de Bibiana Aido (http://bibianaaido.wordpress.com/ ) Non tería nada de particular este blog si non tivesemos en conta dous aspectos de maneira conxunta, que Bibiana é ministra, e que ademais é a ministra máis nova da historia da democracia no noso país. Pois ben, basta unha ollada rápida polo seu blog, cun nome xa de entrada moi clarificador, Amanece en Cádiz, para darse conta de que estamos ante unha ministra inusual, xove , que escribe con frescura dende os seus trinta anos, comprometida coa súa xeneración e coñecedora dos problemas e do modo de vivir da xuventude actual. O seu blog non se diferencia moito doutros blogs de amigos ou coñecidos meus, coa diferencia de que Bibiana é ministra. A verdade é que me parece única a posibilidade que esta andaluza nos brinda de interactuar con ela, para comentarlle de maneira directa os problemas que vemos cada día relativos ao seu ministerio, e as nosas opinións sobre como mellorar as cousas. Esta canle de comunicación de tú a tú que creou Bibiana en plena campaña electoral e que agora promete manter activa dende o Ministerio de Igualdade, é un exemplo da cercanía do goberno, dalgúns políticos ao pobo que os elexiu, un exemplo do que se demomina democracia directa.
Non sei si Bibiana manterá a súa promesa de escribir con frecuencia o seu blog, e non sei tampouco si seguirá escribindo dende a perspectiva dunha xove andaluza amante do flamenco e con ilusión polas cousas, ou se deixará arrastrar, dende o seu sillón ministerial, pola linguaxe institucional e os formalismos propios do seu cargo. En todo caso, vaia para ela o meu voto de confianza. Gracias Bibiana polo teu blog.
2 comentarios:
Y Espe ,no tiene blog?
Te imaginas !!! Sería muy duro
jajaja, pois non sei, teremos que ver no google a ver si aparece algo...Ou darlle a idea de que o cree para ir facendo carreira tamén na rede de cara ao congreso do 2011.
Bicos, Vanesa
Publicar un comentario