Dende fai tempo divido ás persoas, atendendo ao seu físico, en catro grupos ou categorías, bueno, realmente son tres grupos, un deles dividido en dous subgrupos. E non é que eu sexa unha persoa superficial ,que xulga ás persoas pola súa beleza física, pero , qué diaños, tampouco vou ser hipócrita, e si que me fixo un pouco en si os homes -e as mulleres- son guapos ou non.
Dito sea de entrada que a miña división por categorías serve o mesmo para homes e mulleres, ainda que eu a uso sobre todo para os homes. Pois ben, físicamente os homes -e as mulleres- distribúen en tres grupos, a saber, os guapos, os feos e os do montón. E dentro do grupo do montón, podemos diferenciar dous subgrupos, o montón dos feos e o montón dos guapos.
Atendendo a esta clasificación da miña cosecha, a maioría dos homes desta cidade estarían no grupo do montón, e dentro dos "do montón", no montón dos feos. En serio, non hai homes guapos nesta cidade. Claro que todo isto o digo eu agora non por facervos partícipe desta maneira miña de etiquetar aos homes a primeira vista, si non para facervos partícipes dunha emoción que me embarga dende fai uns días. E é que fai poucos días vinme obrigada a engadir as miñas catro categorías , unha quinta: os superguapos. Si, señor, nesta cidade pontevedresa, na que eu estaba xa resignada a non poder recrear a vista a base de beleza masculina, descubrín un home verdadeiramente guapo, tanto, que non podo incluilo no grupo dos guapos, porque se lle queda curto.
Pero ser superguapo ten os seus inconvenientes, non vos pensedes. Porque superguapos hai moi poucos, (eu de momento só coñezo un) e iso fai que o home incluído na categoría de superguapo, sexa coñecedor do seu grado de individualismo ou rareza no mundo no que habita. É máis guapo ca ningún outro da súa especie, non ten competencia, e sabe que debe esa beleza tan só a natureza. Ser un deus nun mundo de mortais fai que o homiño "superguapo" non vaia cos pés na terra, ou que ás veces a súa maneira de relacionarse cos mortais non sexa tan acertada como el nun primeiro momento pensaría. Os superguapos gustanse, e gustan aos demais, pero a beleza é tan só un rasgo máis , non un todo que sirva para comerse o mundo. De todas formas, eu estou supercontentísima de encontrar no panorama pontevedrés un físico tan imponente. Porque alegrar a vista tamén contribúe á nosa felicidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario