27 octubre, 2011

J voltou á miña vida como volta todo o que non se marchou nunca de todo, sin reproches e sin fogos artificiais, dun xeito natural , entre inocente e cotiá que remataba por colocar cada cousa no seu sitio. Agradecín que escollera él o lugar, e tamén a esquina donde sentamos , e mesmo o sofá. Dubidei un pouco á hora de sentar, e sei que ahí os nervios e os sentimentos me xogaron unha mala pasada, pero ao fin e ao cabo, eramos nós e tampouco había por qué andarse con disimulos.

Dixénlle que o local me lembraba ao ambiente das películas de misterio, tipo Asesinato no Oriente Expres, e supoño que axudou un pouco a luz tenue do bar, os tons vermellos e verdes que predominaban na decoración, a música que agora mesmo non consigo lembrar pero que entón estaba moi presente como un eco de fondo necesario.

18 octubre, 2011

Grandes contradiccións da humanidade:

Cando tes traballo e tes cartos , non tes tempo para viaxar. Cando non tes traballo e tes tempo, non tes cartos para viaxar.

Cando non tes mozo botas de menos alguén con quen compartir a túa vida. Cando tes mozo , pregúntaste ¿ qué carallo botaba de menos?

13 octubre, 2011

Catorce de agosto e temperaturas máis parecidas ás de xullo que ás de esta época do ano. De feito Galicia fixo o que non fixo en xullo, que foi arder; porque xa estaba sendo sorte demais esto de pasar o verán sin incendios significativos. Intento evitar a actualidade, convertirme por decisión propia nunha especie de ser inconsciente que pasa pola vida sin pena nin gloria, allea por completa ao que acontece no mundo que a rodea. Pero nos tempos que corren ata permanecer allea ao mundo é bastante complicado. Soan os ecos do nome de Dorribo por todas as esquinas, como unha pantasma que é capaz de facer tremer as cúpulas políticas de goberno e oposición por igual; porque é ben sabido que a corrupción non entende de cores nin siglas nin ideoloxías.

E Gallardón, catro anos despois , gana a batalla que xa todos daban por perdida. Porque en política os tempos son cíclicos e extraños, e é tan importante o momento como saber manterse ahí o tempo que faga falta, agardando como un animal agazapado pola súa presa, sin importarlle o que esta tarde en aparecer. E Gallardón demostrou de sobra a súa paciencia, a súa calidade política, esperando sin desfallecer, para subir finalmente a un posto número catro por Madrid, despois de Rajoy, Soraya e Ana Mato. A subida de Gallardón as listas ten unha lectura máis ampla de cara ao resultado do 20N. Pois de gañar o PP -jajaja- hai moitas posibilidades de que Gallardón se convirta en ministro, o que implicaría a súa renuncia á alcaldía de Madrid que sería ocupada por Ana Botella. En fin.

*

E logo están as cousas do amor a revolverme tamén as tripas , como si non tivese eu xa bastante: O amor debería de traer felicidade, tranquilidade e constituír unha especie de bastón para axudar a subir costas, e sin embargo, no meu caso, o amor sempre se convirte nun lastre entorpecedor e desestabilizante que me pon nunha situación casi psicótica na que nada parece funcionar como debería. Si puidese, si estivese na miña man, renunciaría agora mesmo a calquera tipo de sentimento, eliminaríao das miñas posibilidades para sempre, como quen se fai de golpe unha lobotomía sin mirar atrás. E dende logo que conseguiría ser moito máis feliz

11 octubre, 2011

Non tardou moito en sertir que a estaba descubrindo por completo, coñecía xa os resortes máis íntimos do seu placer e coñecía tamén a maneira máis fácil de que lle asomaran as bágoas. Esa era a súa loita, evitar ese momento fatal no que ela xa non podía máis e rompía a chorar para liberarse de todas as pantasmas.

Pasaba lentamente a súa man sobre a perna dereita e descubría con suma satisfacción que cada un dos seus peliños estaba erizado, era o sinal da culminación física do placer, e él , con esa certeza absoluta de que estaba satisfacéndoa, continuaba feliz e relaxado camiño do seu propio éxtasis. Quizais o amor se trataba tan só diso, de ir sumando un día e outro e outro, e ir aguantando as ganas de manterse xuntos, de ollarse un ao outro, de deitarse xuntos e despertar xuntos ainda que fose despois dunha mala noite.

Ela recoñecía o amor noutros xestos menos tanxibles pero moi clarificadores. Adoraba o seu cheiro pola mañá, ese cheiro que se lle pon a quen máis e a quen menos na boca, e mesmo na pel despois dunha noite de dar voltas e sudar por culpa do calor e os problemas cotiás. Abrazaba aquel corpo que ainda durmia con forza, e abrazaba sobre todo aquel cheiro do amencer , desexando empaparse del, para levalo na súa memoria para sempre.

E él convertíase nun ser fráxil nese mesmo instante, no que percibía que ela non precisaba máis que o seu cheiro para ser feliz, e pedíalle un abrazo forte, moi forte, que lle dese a seguridade que finxía ter en todas as cousas.

Os brazos dela eran delgados e fráxiles, a penas chegaban a rodealo por completo. Non abrazaba con forza-eso pensaba el. Pero el fixaba todos os seus sentidos naquel abrazo primeiro da mañá. Percibía a suavidade da súa pel, a calor da súa respiración no pescozo , e o susurro da súa voz que lle falaba de calquera cousa pero que el non escoitaba, só se deixaba arrullar por ese son, sin importar o seu contido. Deixábase durmir un pouco máis, acunado pola súa voz e protexido por ese abrazo. E entón tiña que dicirllo no medio do sono: quérote.