Non teño o corpo hoxe para nada. A depresión, ou polos menos un pequeno brote depresivo, asomou ao meu horizonte cando comeza a asentarse -parece que desta vez si- a primavera. Xa tardaba, tamén é certo, en chegarme certa tristura e certa melancolía, certa maneira nostalxica de enfrentarme ao paso das horas. Hai chamadas de teléfono que te deixan cao, que fan que a ledicia desapareza e se instaure nos minutos unha pesadez densa , indescriptible, que che oprime o peito, que non che deixa casi respirar. Ansiedade, quizais. O caso é que , cando estamos xa de cheo nas tardes suaves que se alongan cada vez máis, cando xa pensa un no verán que se aproxima e por teléfono che desgarran un pouquiño máis o corazón, a soedade convirtese nunha especie de pantasma que consume as nosas enerxias e nos arrastra de maneira irremediable ao pesimismo.
Hoxe non é un bó día para a literatura. Non é un bó día para casi nada. Lin un artigo que falaba da nosa infancia, e púxenme máis triste, si eso é posible todavía. Pensei en tódolos veráns que non van a repetirse, en tódalas merendas de pan con chocolate na casa da Tina ( a tía que nos coidaba a min e a miña irmá) , nos xogos despois da escola na panadería da nosa amiga Mónica, nos deberes que non facía e as mentiras que me inventaba para xustificarme, nos xeonllos sangrando ao caer da bicicleta, en Heidi, no fácil que era todo cando só se choraba por unha dor física e non por unha dor da alma...E pensei no autor do artigo, sempre que o leo penso nel, en cómo me gustaría coñecelo, saber qué persoa se esconde detrás desas verbas , deses retratos perfectos que constrúe coas pinceladas firmes da súa pluma. ¿Vivirá só? ¿estará namorado? ¿terá depresións como as miñas, sin motivo, sin explicación aparente máis que o puro capricho do destino? ¿ Chegarei algún día a coñecelo?
Hoxe non é un bó dia para casi nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario