Esta noite, na Sala Karma de Pontevedra, estará Gustavo Almeida presentando o seu cd promocional “ A punto”. Presentará tres cancións que formarán parte do seu próximo disco, que verá a luz en outubro, xa que polo momento está en proceso de mezcla no Brasil. As cancións que escoitaremos esta noite , xa coñecidas polos seus fans pontevedreses que o seguimos cada semana polos locais da cidade, son A cabana, Si tu quieres e La excusa.
Por certo, veño de ler na Voz de Galicia unha entrevista que lle fixeron, e estou un pouco tensionada, a verdade. Afirma que ao voltar do Brasil tivo un baixón pola volta á realidade, e que actúar fora lle supón unha inxección de enerxía, xa que se trata de xente distinta que o escoita con atención, non coma en Galicia, que o público está menos receptivo ao que quere transmitir.
E certo que chegou algo baixo de enerxías cando voltou do Brasil, quizais tamén é certo que Pontevedra non lle fixo a acollida que merecía, pero en todo caso, penso que debería ser un pouco máis agradecido cos fans que o seguimos nas súas actuacións, que lle damos ánimo, que nos sabemos as súas letras, e que lle facemos de críticos co corazón na man.
Gustavo é o meu cantante. Eso é así, pero non me gusta que diga que aquí non o escoitamos ou que non somos receptivos. Somos o seu público, os fieis, os que lle rimos as gracias mil veces repetidas, os que perdoamos os seus desafines, os que tarareamos as súas cancións e nos emocionamos unha e outra vez con temas como un ma wa qui, ou Cógeme. Os que entramos na súa páxina web, os que vamos incluso aos concertos dos seus amigos músicos, os que non marchamos dun concerto sin darlle dous bicos e unha palmada de parabens nas costas...
Supoño que precisa un pouco de confianza , un pouco de cariño, e é que xa se sabe que os galegos, ainda que bós, somos un pouco fríos. Hoxe eu estarei ahí, na sala Karma , para transmitirlle toda a miña admiración. Estou segura de que tanto él coma nós, saberemos estar á altura, e “a punto”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario