Lin hoxe unha noticia en internet que me chamou un pouco a atención, que o cerebro humano non está diseñado para alcanzar a felicidade, si non que está diseñado para loitar pola supervivencia. Según o estudio só hai dúas vias para lograr a feliciadade, unha é buscar un xusto equilibrio entre o prazer e a dor, e a segunda aislarse do mundo evitando que a información sensorial alcance o sistema emocional do cerebro. Quizais así entenderiamos o dito aquel de que só os tolos son felices. A felidade efectivamente é cousa de sabios, de monxes ou de tolos. Os demais mortais , en contacto diario co mundo no que vivimos, en interacción cos demais e sendo plenamente conscientes do que sucede no noso entorno non podemos científicamente alcanzar a felicidade.
Pero os tolos sí, por eso se di que viven no seu mundo. E é que só un aislado completamente no seu propio mundo, xa sexa porque non lle rexe a cabeza, ou porque decidiu enclaustrarse nun monasterio a facer rosquillas e rezar, pode conservar nos tempos que corren un mínimo de optimismo.
En canto aos sabios, pois un pouco o mesmo, enfrascados en volúmenes inmensos de filosofía e ciencia, viven noutra realidade que nada ten que ver coa cotidianidade dos seres humáns. Claro que hoxe xa non existen sabios, si non pseudointelectuais de pouca monta, que se cren moi intelectuais; e tampouco monxes que se dediquen só as cousas da fe, porque a todos lles da pola política. Así , neste panorama, só aos tolos lles queda reservado o reino da felicidade.
1 comentario:
¿Acaso debemos,entonces,alegrarnos de estar cuerdos?
Dicen que lo que el hombre quiere realmente no es,al fin y al cabo,la felicidad en sí,sino un motivo para ser feliz.
En cuanto lo encuentra la felicidad y el placer surgen por sí mismos.
Publicar un comentario