15 abril, 2008

"CAPITÁN, MANDE FIRMES"

Hai imaxes, que por novedosas e pola carga significativa e histórica que teñen, quedarán grabadas para sempre na nosa memoria. Hoxe a imaxe foi sin dúbida a de Carme Chacón, como ministra de Defensa, pasando revista ás tropas lucindo o seu embarazo. Dende logo a imaxe dará a volta ao mundo e escandalizará a moitos , pero é xa un signo do progreso e o progresismo do noso país. A nosa sociedade ,cun goberno progresista , atrevese a abrir as fronteiras invisibles que todavía existen nas nosas conciencias. Nove mulleres no goberno á fronte de ministerios relevantes, un ministerio da igualdade e unha muller preñada con rostro serio dicindo aquelo de “capitán mande firmes, viva España, viva el rey”, configuran o escenario dun país que xa nunca será o que foi, que xa nunca mirará atrás nin retrocerá nos dereitos que conquistou. Recoñezo que ver á nova ministra de defensa hoxe casi me conmoveu. Non así tanto o acto simbólico de entrega das carteiras ministeriais, que non deixou de ser un simple xesto rutinario para facer esa foto que todos esperamos sin demasiada ilusión. E no medio da nosa festa ministerial, da benvida aos novos ministros e aos novos ministerios chégame a noticia de que Berlusconi se convertiu novamente en primeiro ministro de Italia. Outra imaxe do día, dende logo. A cara e a cruz da mesma moeda, o pobo que elixe aos seus gobernantes, e a través da súa elección configura o clima no que se vai desenrolar a súa realidade. Por unha vez somos nós os que saímos gañando na elección, os que con valor imos facendo do noso país un país moderno que se convirte en precursor da igualdade efectiva entre homes e mulleres, da defensa dos dereitos das minorías e da defensa, en xeral, dos dereitos humans.

No hay comentarios: