29 abril, 2008

"Detrás de cada final hay un principio", así remataba onte o concurso de televisión Fama, cun resultado previsible, como gañadora Vicki, en teoría elexida polos votos do público, pero a min deume un pouco a impresión de que os do programa o tiñan todo moi ben "collido" como para non ter sorpresas de última hora. En fin, que a despedida de onte do programa que seguín con tanto fervor durante meses deixoume un regusto amargo, nostálxico incluso, parecido ao que deixa a marcha dun amigo. Xa sei que son unha sentimental, e como di un amigo meu, un tanto Scarlet, e é que me encanta sufrir e exaxerar, pero o certo é que acaba unha sentindo despois de tantos días pegada á pantalla do televisor unha especie de aprecio, de cariño hacia esas personaxes que vimos bailar, emocionarse e namorarse.
En fin, que esto dos finais ponme sempre triste, pero tamén é verdade que despois de cada final hai un principio, ou ao menos eso é o que esperamos. Así na miña vida agardanme varios finais, algúns relativamente proximos e outros non tanto, aos que terei que enfrentarme con decisión e determinación e firmeza. Escoitei unha vez outra frase que me gustou, e que agora ven ao caso, "detrás de cada despedida hai algo de esperanza e algo de promesa", pois ben, as despedidas son tristes, pero ao mesmo tempo son unha porta aberta ao porvir, unha esperanza para unha vida nova, para vivir novas experiencias.
Sinto -como unha intuición extraña e inexplicable- a proximidade de grandes cambios na miña existencia, de despedidas, de finais definitivos que seguramente me conducirán a un horizonte distinto. Non é máis que unha intuición, algo impreciso pero, a forza dese presentimento mantenme inquieta. Non deixo de pensar en cómo sería a miña despedida desta cidade, desta vida que aquí conseguín, das amistades que conquistei e me conquistaron. Imaxino mil veces o dicurso que probablemente prepararei , cos adeuses necesarios para encher toda unha vida de recordos. As cidades chegan a formar parte de ti, ao igual que ti chegas a formar parte delas, das súas xentes, dos seus pulmóns. Non quero que chegue o momento, pero sei que antes ou despois hai que mudar a paisaxe cotiá e facer as maletas coa morriña xusta para non afogarse na creencia de que calquera tempo pasado foi mellor. De momento estamos en primavera, ás portas dun maio florido e fermoso, como di o poema, no que se aveciñan exames e soplar velas, e non convén impregnarme da tristeza futura que ainda non existe, porque chegado o día, todo terá sen dúbida unha cor distinta.

2 comentarios:

bor dijo...

Una vez más... consigues emocionarme, tengo el lagrimón a punto de salir, un nudo en la garganta...

Antes de irte a cualquier sitio, tenemos que disfrutar del veranillo y tienes que venirte a trabajar conmigo!!!! jejeje...

Besos guapa!

Raquel Gulías dijo...

no te vayas, con lo que nos vas a hechar de menos! y nosotros a ti! ...a mi también me ha emocionado. Entiendo bien esa sensación nueva de volver a comenzar. Siempre ilusiona, pero...no te vayas.