que le anima el corazón,
no tiene que darle cuerda, es automático.
Puedes oir sus pataditas, esta vivo creo yo.
Marta tiene un pasajero en su corazón, en su corazón
Siento un golpe en el pecho,
yo solo quería besarte,
ha salido el marcapasos,entre visceras y sangre.
Mírale que ojitos tiene,
es idéntico a su padre,es idéntico a su padre.
Juega con todos los niños,
les arranca el corazón se los come con tomate, que simpático
No hay criatura mas hermosa, que el pequeño marcapasos
Marta esta ya como loca de manicomio,de manicomio.
Siento un golpe en el pecho... "
Pois si, quén non escoitou algunha vez esta canción mítica dos Hombres G, da famosa Marta e o seu marcapasos. O que eu sempre tentei imaxinar foi qué pensaría cada un de vos ao escoitar detenidamente a letra desta canción. Parece un pouco extraña, un pouco gore, un pouco surrealista, sin embargo a min pareceme a historia máis normaliña deste mundo , a de Marta e o seu marcapasos. Quizais sexa porque eu, coma Marta, tamén teño un marcapasos que me anima o corazón co que levo convivindo moitos, moitos anos, ao que non teño que darlle corda porque é automático. Así que eu e o meu marcapasos medramos escoitando aos Hombres G, e Marta era unha rapaciña coma min, e a min, igual que lle pasa a Marta, tamén se me sae o marcapasos ás veces do peito , poñéndoo todo perdido. Äs veces é peor, cando me enfado, porque entón saeme pola boca, claro que non salpica tanto. Tamén o meu marcapasos é unha criatura fermosa, con vida propia que comparte conmigo tantas andanzas...
Lembro esta canción con moito agarimo, é desas que se che quedan grabadas, e que forman parte da nosa infancia. Nos hospitais os médicos e enfermeiras cantabanme sempre a canción de Marta, e xa éramos íntimas as dúas, cómplices, irmáns de marcapasos, Marta máis eu.
Xa levamos uns cantos anos vividos, e a canción segue fresca na memoria de toda unha xeneración, a nosa, a de Marta e a miña. Os nosos marcapasos continúan facendo de apoio indispensable para os nosos corazóns , e seguen dando patadiñas, e poñéndose revoltosos e alterados cando ese home que tanto nos gusta aproxima os seus beizos aos nosos. Non sei, quizais sexa eu a única que alcance a comprender esta canción, pero dende logo para min foi básica na miña adolescencia, cando coñecín o meu marcapasos e tivemos que adaptarnos o un ao outro, a nosa convivencia. E agora, gústame saber que existe Marta, e que non son eu soa a que vai por ahí, asustando amantes co su marcapasos enloquecido, saindo do peito , entre vísceras e sangue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario