28 agosto, 2008

outra vez...chove

Chove de novo, e de pronto todo se volve gris dentro e fora, como si levase días chovendo. O amor é algo complicado que casi nunca compensa os sacrificios que conleva. Non é agradecido o amor. Hoxe teño unha dúbida no corpo, que me pesa, e moito. Hoxe, que non teño gana de nada, nin de morrer nin de resucitar, nin de perderme, ni de atoparme. Quizais hoxe é un bó día para ver como o verán se desvanece baixo a choiva e o sol, que comparten escenario sin maiores complicacións, nunha especie de trato tácito que se cumple sin rechistar.
Hoxe todo apunta a que vai ser un día, cando menos, demasiado extraño.

26 agosto, 2008

hoxe

Lento agosto agoniza
tras o ventanal que da á rúa bulliciosa.
Lonxe o mar, e os raios penúltimos do verán...
Onte comecei a patinar, con dificultade, con esforzo.
Gustoume a experiencia, pola novidade e pola compaña.
Entre amigos enténdese mellor o mundo.
A mañá comezou con sobresaltos, propios da rutina das oficinas,
pero hoxe sei que vai facer calor, por fin o verán¡¡¡¡
Dilúese agosto entre nostalxias dun verán que se quedou curto,
que casi non se deixou sentir na pel nin nos estados de ánimo.
Remataron as Olimpiadas, ¿e agora qué? Onde poño o meu interese
nos minutos de ocio...
Menos mal que as mañás teñen un "algo" que me senta ben ao corpo,
ese regusto do que foi o amor, do que puido ser, ao fin, tan só o que conseguimos salvar.
Agosto morre no calendario , nas miñas entrañas, na cidade enteira.
Botellódromo, Feira Franca, consulta de marcapasos, Cadiz...Eso é setembro no panorama da cidade.
Hoxe estou relativamente tranquila, mentres escribo, sin demasiado afán de compartir nada.

25 agosto, 2008

Un hallazgo

Directo, sencillo, con poucas palabras, as xustas, as necesarias, as que desgranan a realidade sin forzar as cousas. Pasear polo seu blog e sinónimo de tranquilidade, de paz redescuberta, de fiestra aberta a un novo mundo.E doce, sensible, orixinal atrévome a dicir. Tira do youtube pero non cansa, non aburre, porque basta ler os seus post mínimos para comprender un pouco o que flúe pola súa cabeza de home aventureiro. Un día , nun bar , díxenlle que era "disperso", así, como soa, sin pudor. El recibiu a crítica ou eloxio con humildade, cun soriso prendido, e ata me deu a razón. Escribe como él é . Breve, diáfano, imprescindible.
Almorcei co diario de Pontevedra, toda unha satisfacción morbosa nestes momentos da miña existencia placenteira. E é que o Diario non decepciona nunca, vamos que unha atopa nel o que espera, e sempre deixa saciada a miña ansia de cotilleo pontevedrés. Finais dos Xogos Olimpicos, adeus a Pekín e a toda a parafernalia. E logo a abalancha informativa acentuando as cifras, a nosa, 18 medallas, 5 ouros. Que tampouco é para tirar cohetes, pero a nós enseguida se nos infla a vena nacionalista, e nos atribuímos as medallas como si fose cousa nosa , estando tirados no sofá , o de conseguir eses exitos deportivos. Somos a hostia, e máis nada. Pero ainda así , qué partidazo fixemos contra EEUU, eh? Porque España cando se pon, e moi grande, e en baloncesto, pois iso, demostramos que non hai quen nos tusa.
Claro que a min o que realmente me puxo cachonda na fin de semana foi a aventura olímpica dos chavales do kayak, que conseguiron o ouro contra todo pronóstico, ni eles mesmos o podían crer. Perucho e Craviotto foron o prato forte que acabou en vitoria. Porque no baloncesto o sabor final foi agridoce, como son sempre as medallas de prata. A prata psicolóxicamente é perder. E a opción dos segundóns, dos conformistas, dos que polos pelos non cumpriron o seu soño. Din os xornais, prata cuberta de ouro, vitoria moral, e bla bla bla. Eu pegueime o madrugón o domingo, tentei abrir os ollos enroscada no sofá e seguir as reflexións dos comentaristas pola TVE1, pero foi no momento no que España só estaba a dous puntos de EEUU cando despertei de vez, erguinme como impulsada por un resorte e vin a final en todo o seu esplendor. Acojonante. Pero perdimos (perdón, perderon), punto.
A actualidade non só estivo en Pekín, en Pontevedra tamén pasan cousas. Habilitouse , estrenouse -con certo éxito- o botellódromo no parque Rosalía de Castro. Os rapaciños de 16 anos xa teñen un reducto na cidade onde beber ata botar a pota, alonxado das miradas dos pontevedreses , sin molestar aos que durmen e aos que pasean polo casco histórico nas noites estreladas. E son tan cachondos os que moven o cotarro no concello que para a inauguración do invento, (entrada en vigor da ordenanza antibotellón) organizouse na noite do sábado un concerto na zona habilitada para beber. O grupo Ratas Sucias, (ou ao revés , non sei) amenizaron a movida nocturna dus 600 xoves que beberon calimocho, ron e outras bebidas de alta graduación alcólica.
Eu non fun de botellón, pero polo visto todo estivo moi ben, moi bó rollito e todos a colaborar coa poli, que "majamente" derivou aos nenos despistados coas súas bolsiñas do Moldes ao recinto. Eu estaba tomando caipirinhas pola zona, que vaia que é difícil tomar unha caipirinha decente nesta cidade. A primeira parecía máis un granizado que unha caipirinha, a segunda tiña moito azúcar e pouco alcol, e bueno...non sabía a caipirinha. E a base de probar, acabas cunha dor de cabeza nada normal , e total , para qué?

22 agosto, 2008

Estoy leyendo una novela que me hizo recordar aquella otra grandísima novela, auténtica obra de arte, Cien Años de Soledad. Me hizo recordar también mi infancia, e incluso la infancia de mis padres. Porque también se puede recordar como si lo hubiesemos vivido las vivencias que nuestros padres o nuestros abuelos nos han relatado tantas y tantas veces, en noches de invierno, cuando no había mucho más que hacer. Me hizo recordar la única historia de amor que he vivido. Porque el amor sólo sucede una vez en nuestra vida. Nos enamoramos de una persona y proyectamos en ese amor una serie de sensaciones, de sueños , de espectativas. Y luego, cada historia de amor que vivimos en el futuro no es sino la rememoración de ese primer amor, una pura y simple reminiscencia, en la que identificamos en la sonrisa del que ahora comparte nuestra cama la risa aquella que nos conquistó hace tantos años. Y el carácter de quién comparte nuestra vida ahora no es más que la modificación que cabría esperar del carácter de aquel chiquillo al que amamos hace diez años por el propio devenir del tiempo. Todas las historias de amor no son más que la primera historia de amor, repetida en cada beso que damos, en cada mirada tierna que ofrecemos, en cada declaración de amor que pronunciamos.
Mi primer amor se llama Victor. Nos conocimos cuando yo tenía 20 años y él 19, nos enamoramos la tercera vez que nos vimos, y después de poco más de tres años de relación cada uno siguió su camino. A partir de entonces mi vida amorosa -caracterizada por la frustración- no ha sido más que una búsqueda constante de un Victor adulto , que me devuelva a la misma sensación de enamoramiento que sentí a los veinte. Y cada hombre que me llega a hacer sentir algo parecido al amor, es un clon de aquel primer hombre al que tanto quise. Se que estoy enamorada cuando vuelvo a los brazos de Victor, a aquella complicidad que conquistamos con el paso de los días, a la tranquilidad y la felicidad que supusieron para mi aquellos tres años de convivencia. Se que estoy enamorada cuando me siento tan bien con alguién que olvido todo el tiempo que ha pasado desde entonces, cuando hay una continuidad perfecta entre aquella relación primera y lo que en ese instante estoy sintiendo. Me sucedió dos veces más. Dos veces repetí mi primera -mi historia- de amor, y ahora , que ya manda más mi cabeza que mis sentidos, se que podría fácilmente abandonarme de nuevo a los brazos de un Victor, ( el que ahora está en mi horizonte) y dejarme sentir ese roce conocido y amable , esa calidez que da el saberse enamorado.Sin embargo, lo malo que tiene repetir una y otra vez, a lo largo de las distintas etapas de la vida, la misma historia de amor, es que ya sabes cómo finaliza, y eso rompe la magia. Da un poco de pereza. Y por eso , tengo la impresión de que sólo me enamoro cuando creo que empiezo a olvidar.

21 agosto, 2008

Hoxe todos falaban do accidente de avión que tivo lugar onte no aeroporto de Barajas. Supoño que é algo inevitable dado o grandioso do desastre e o gran número de víctimas. Todos falaban do mesmo en todas partes, o sufrimento das familias, as posibles causas da desgracia...En todo caso, nada serve para reconstruír nada, para voltar atrás no tempo e borrar o acontecido. Así é o noso mundo, cruel e imprevisible, coa morte acechando en cada esquina, impasible, como un deus que todo o pode, e do que non podemos fuxir por máis que queiramos.
Pero eu hoxe, pese á choiva, pese a todo, négome ao pesimismo. Quizais porque estou tan baleira de todo que nada me conmove. Todo, nada. Son só verbas, sin demasiado contido, que soan grandilocuentes cando as escribo. Pero a realidade non se mide en termos absolutos. Hoxe, si me paro a pensar, foi un bó día. Retornou un compañeiro ao traballo despois das súas vacacións e descubrín que o botaba de menos, que son máis feliz con el ao meu lado que sin el; vin a Julito cruzar a rúa coa súa cazadora verde de cadriños, esa que tanto me gusta, e co seu flequillo algo máis longo que a última vez que o vin; comprei unha camisa en Zara de cor branca; recibín unha chamada inesperada e cruceime na rúa cunha antiga compañeira de piso á que facía mil anos que non vía.
Son egoísta. Egoísta cando o accidente, os mortos, todo o que aconteceu onte en Madrid, me resbala por completo. Pero non mais que o resto de días da miña vida, nos que me levanto coa radio e escoito as noticias que fan tremer o mundo casi sin inmutarme.
Egoísta cando escribo sobre min mesma, cando falo de persoas que só coñezo eu , cando conto a miña vida como si lle importase a alguén.
Egoísta. Quizais prefiro asumir esta verdade que non ser hipócrita con todo o mundo. Son unha cidadá deste tempo, que vai de progre pola vida pero que mira para outro lado cando a inxustiza non cae ao carón dos seus zapatos. As palabras sempre serven aos nosos intereses, e eu , hoxe prefiro xustificarme co egoismo, como si esa verba me eximise un pouco máis da vergoña que me provoca a miña actitude ante o mundo.
E onte as miñas preocupacións estaban noutro sitio, lonxe de calquera aeroporto. Logo chegou Gustavo, como cada mércores, para evadirme de min mesma, do meu corpo, de todo. Todo. Ao final, sempre acabo por poñerme estupenda, sin medida. Gustavo canta cada vez mellor, ou eu escoito cada vez dun xeito máis agarimoso. Todo é relavito. Todo -voltei a facelo- falar en propiedade absoluta da verdade absoluta. Pero quizais sexa certo eso de que todo é relativo...

19.30


«¿Pareció fácil? No, ¡no lo fue! Me sentí como si nadara, y solo me decía a mí mismo, no mueras, no mueras. ¡No fue fácil! Dejé todo en la pista», estas foron as verbas que onte nos ofreceu Bolt despois de conseguir un novo record mundial. Foi nos 200 metros, cun tempo de 19.30. Eran pouco máis das 16:20 horas en España, e este home que nos deixa a todos sin adxectivos facía historia en Pekin. Mantivo a incógnita sobre as suas pretensións nos 200 ata o final. Fíxonos crer que só lle interesaba o ouro, que non quería batir ningún record, pero no momento clave, na gran final, saiu a romper tódolos esquemas do atletismo mundial. Esforzouse - creo que por primeira vez nestes xogos- e o seu rostro reflexou por primeira vez un xesto de rabia contida. Gañou, por suposto. Superouse a sí mesmo. Sobrepasou tódalas espectativas. Bicou o chan e mostrou a camiseta mostrando con orgullo as cores que simbolizan a Jamaica. O home máis rápido do mundo convertiuse en lenda indiscutible, deixounos a todos coa boca aberta, en extasis.

Para correr 200 metros en 19.30 segundos non hai que correr, hai que voar, non sentir o chan baixo dos pés. Miraba o reloxo, quería ese record, e conseguiuno. Só un home, Bolt, podía intentar unha proeza así, e conseguila. «Soy el número uno. Probé al mundo que soy el verdadero campeón y que trabajando duro todo es posible. Esto es más de lo que podía imaginar. Estoy superado por los acontecimientos. No pensaba en batir el récord porque me sentí cansado en las series. Pero quería dejarlo todo en la pista y lo hice». As palabras de Bolt reconfortannos porque o fan humano, a este fora de serie, indescriptible, que parecía máis un deus ou un extraterrestre durante as series, e que na final, voou sobre a pista e convertiuse co triunfo nun home como calquera outro, que tivo que esforzarse para que todo o mundo tremese ao contemplalo.

Para nós, tamén foi máis do que podiamos imaxinar.

20 agosto, 2008

Terremoto Bolt


Hai un home que nestes xogos olimpicos tenme fascinada, o home máis rápido do mundo , Usain Bolt. Ese home que correu os 100 metros sin ningún esforzo, que batiu o seu propio record, facendo un tempo de 9.69 segundos, e iso porque chegando á meta, nos últimos 20 metros deulle por mirar para os lados, e só lle faltou saudar ao público para celebrar o triunfo. Ese home que corre hoxe pola medalla de ouro os 200 metros, que non pretende batir records, pero si ganar medallas. E cachondo, e vai sobrado. Os seus contrincantes chegan á meta coa lingua de fora, pero Bolt chega como si acabase de dar un paseo. Coas súas pernas longas, e o seu 1.95 de estatura, aos 21 anos Bolt parece telo moi claro. Foi a Pekín a ganar ouros, pero non a facer ningun record mundial. E ten razón, porque para iso xa terá tempo fóra das Olimpiadas. De momento a él bástalle con ir ganando carreiras, mantendose ahí, sin esforzo, incluso frenando na recta final, si é preciso, para non facer un tempo demasiado bó, antes de tempo, valga a redundancia.


Nunha entrevista que lle fixeron antes dos Xogos de Pekín, xa o deixaba moi claro, el foi a gañar, sin máis. E de momento vai cumplindo coas espectativas. Ofreceronlle competir con EEUU, pero él preferiu competir coas cores da súa terra, Jamaica. E é que leva Jamaica nas entrañas, é festeiro, simpático e parece que todo isto da competición lle resbala, pero non. Porque á hora da verdade él sabe que é o máis rápido do mundo. E ten que demostralo. Será hoxe, de novo, as 16:20 horas , horario español, cando vexamos como Bolt volve seguramente a sorprendernos. ¿Saudará na liña de meta , ou mirará para os lados buscando aos compañeiros de carreira? Sexa como sexa, serán 20 segundos inolvidables.

18 agosto, 2008

De bares

Gústame ir de bares, moito. E por suposto teño as miñas predileccións tamén na rama da hostelería. En Portonovo hai un bar que me conquistou neste verán grisáceo que non remata de definirse. O bar está en frente ao porto de Baltar, e está rexentado por dous mozos novos, Simón e Pablo, que con amabilidade e bo trato fan o seu traballo con alegría. Neste bar, A Batea, podes dende tomar unha caña con tapa ao mediodía, tomar un bó xantar , ou un café a media tarde.
O máis característico deste bar é que todos os que traballan nel son xente xove, dende os dueños ata os camareiros e a cociñeira. Despois do peche saen todos de marcha, a tomarse copas cos clientes e compartir conversa ata ben chegada a madrugada.
Pero con todo ainda lle queda tempo a Simón para sacar ao seu can a dar un paseo ,e mesmo montar en bicicleta.
Eu rebauticei o bar, como acostumbro a facer con casi todas as cousas que me chaman á atención, e este bar, que para min se convertiu no bar deste verán, é o "bar dos guapos", en referencia clara aos donos do local. Pero non só son guapos, xa digo, con eles a caña sabe a confianza, a complicidade, a bó rollito...

Nadal de ouro


Ponte de Agosto






Rematou a ponte de agosto, por fin. E que se pode facer nunha ponte de tres días cando a climatoloxía adversa impide disfrutar das praias e o terraceo, pois ben sinxelo si nos damos conta de que nestas datas cada esquina de Galicia celebra as súas festas parroquiais. En Pontevedra remataron as Peregrinas, ás que eu despedín xa o xoves pola noite na compaña de bos amigos. Pero unha fin de semana tan longa da para moito, e coa resaca ás costas o venres pola noite estiven no pregón das festas de Soutelo de Montes. Subido nun palco de 600 euros, baixo unha carpa de 1000 ( as festas de Soutelo non teñen prezo) –según datos proporcionados pola comisión de festas- Pedro Alonso, o padre Casares da TVG, falou dos seus recordos de infancia na terra de Montes, con aire nostalxico e poñendo énfasis en como a infacia marca de maneira irremediable a clase de persoa que imos ser no futuro. Destacou a dureza desa terra, o difícil que era sair alí adiante, polo clima, e da fortaleza das suas xentes, traballadoras e orgullosas de levar polo mundo o sinal inconfundible de pertencer á terra de Soutelo de Montes. E tivo un recordo especial para o gaiteiro Avelino Cachafeiro e para o fotógrafo Virxilio Vieitez , ambos nados en Soutelo.





Tiven a sorte de estar en Soutelo con boas amigas, disfrutando dunha churrascada no seu punto, coa música de fondo dos músicos de alí, entre eles ao acordeón Jose Doval, e de coñecer ao propio Pedro Alonso, que non daba feito de tanto veciño que se achegaba a el para facerse unha foto con el , ou pedirlle un autógrafo ou mesmo intercambiar con el unhas verbas.
A presidenta da comisión, Susana Pérez, estaba pletórica, mochila ás costas - tal cual Pocholo- e síntomas claros de ledicia, non deixou de bailar nin un só instante, depois da churrasada, claro. Porque hai que ver como currou a comisión de festas de Soutelo, uns atendendo a carne nas brasas, e outros carretando as fontes de churrasco e distribuíndoas entre todos os que alí acudimos a pasar unha tarde inesquecible.





Pero non todo pode ser troula nocturna, porque en Portonovo o sábado pola noite había programa doble: musical Jesucristo superestar e Cabaret, e a actuación de Manolo Escobar. Desgraciadamente non puiden disfrutar nin dunha cousa nin doutra, pero lin no xornal que o musical poderá verse tamén en Marín o vindeiro día 20 de agosto, ás 22 horas na Alameda, e ahí terei outra oportunidade.
En Pontevedra a fin de festa tivo inauguración de estatua, homenaxe a Alexandre Bóveda, ao lado do Casino Mercatil, con moito rollito nacionalista e impecable discurso do alcalde Lores. Ofrenda floral a Bóveda e aplausos. Na plaza da Ferrería o último concerto das festas, Luar na Lubre, abría o camiño da fin de festa, que se despedían un ano máis entre fogos e luminarias.



Na TVE as olimpiadas continuaron toda a fin de semana facendo alarde de comentarios nacionalistas, como si cada triunfo dun español fose unha proeza inigualable, e eu , por casualidades inexplicables, e pese ás poucas horas diurnas que permanecín desperta, non me perdín ningún acontecemento olímpico salientable. Así vin a Nadal no partido que lle deu opción a medalla de ouro, vin ás tenistas españolas perder o ouro e celebrar a prata, vin aos yankis comerse a España en baloncesto, cun resultado casi desonhoroso para os nosos deportistas, e vin –tres veces- como o jamaicano Usain Bolt se convertía no home máis rápido do mundo, cun record mundial que se escribe en cifras, 9.69 segundos.


Por suposto entereime da presenza de Letizia en Pekín, e do seu incidente cun xornalista que lle devolveu a pregunta de para que medio de traballaba. Pobre Leti, ela que é princesa e polo mundo nin lles soa o seu careto.

E no medio de tanta marabunta, pois un dato estadístico, nove de cada dez cocainómanos son bisexuais. O dato procede da observación empírica levada a cabo por catro pares de ollos durante catro noites de troula, a partir das cinco da madrugada. Por suposto é contrastable e non asumo a posible falla de fiabilidade do dato.

Nos xornáis nada novo, tan só unha retahíla de titulares facendo referencia a miles de festas por toda a xeografía, un cuadro gráfico de todo o que nos perdimos: a festa da auga en Vilagarcía, festas en Combarro, en Caldas en Cambados…son tan só algúns exemplos que o Diario de Pontevedra desgranou en imaxes e anecdotas de todo tipo.






E con isto e un bizcoito…o que se soe dicir.






E para os que me len a miúdo, quero agradecervos que coa vosa presenza e o voso testemuño fotográfico facedes que este blog sexa posible.


Graciñas, amiguitas/os por estes diítas , e por facer que as horitas se pasen volandito.

14 agosto, 2008

Personalísimo

Abúrrome e agonizo nunha resaca densa e pastosa. Hoxe é un bó día para ter resaca, despois de todo, é un xoves disfrazado de venres, víspera de festivo, no que non saiu o sol, nin falta que nos fai. Teño vermes na cabeza bulíndome como asesinos en serie, destrozando neuronas como si fosen tanques de guerra: Resaca definitivamente, non hai dúbida.
Unha hora de sono non deu para máis. Así que hoxe, aburrida e co alento último que me queda antes de rendirme con contundencia a unha siesta longa, que se prolongue ata a próxima copa, dinme unha volta pola blogsfera para entreterme un pouco. Encantame bucear no blog de Jabois, e dende alí , vou saltando de un blog a outro , de un post a outro, ata marearme, ata xa non ter máis ganas de ler, ata que me farto incluso de mirar fotografías.
Uf, que letargo, que longos os minutos, e que pouco me interesa neste intre casi todo. Sinto o cerebro apelmazado, pesado e confuso. Vago.Gustaríame reunir forzas suficientes para regalarme un poema, calquera, e de paso liberar un pouco a mente desta sensación da abandono definitivo. Ler calquera cousa sin reventar no intento. Xa non digo escribir algo que teña certo grado de sentido, o mínimo que se pide, tan só.
A realidade é o que é. Eu son unha "zombie" diante da pantalla dun ordenador, que riu moito onte pola noite, que se perdeu o partido de baloncesto de España - Alemania por un fallo de cálculo, que bebeu máis da conta, que se pasou tamén co chocolate, que non tivo a sorte de afogarse en bicos, que se atopou co home máis guapo do mundo como saído dun ataque por sorpresa de extraterrestres agresivos: olleiras, delgadez extrema, beleza -coma sempre- insuperable.
Escribo sin sentido, pero é relaxante facelo deste xeito, para non durmir sobre o teclado, nin sobre a vida. Hoxe rinme sobremaneira lendo un email, foi o gran momentazo da mañá. E que Vanesa cando se pon é moi grande.
Eu tamén teño o meu propio escaparate de piropos e o meu dispensador de eloxios, e dou xabón si me poño coma ninguén. ¿Qué non? pois tirádeme da lingua e veredes como reparto flores a quen se me poña por diante. Que falar ben sin ton nin son é un exercicio que non require moito entrenamento, nin talento recoñecido, nin gran esforzo. Basta comezar, e xa logo todo sae de carrerilla. Falar mal -e con certa credibilidade- require un punto de intelixencia e un toque de malicia do que non todo o mundo é poseedor. Falar ben non custa nada, falar mal , aparte das consecuencias, leva engadido o esforzo da crítica. Un luxo que moitos non se poden permitir. Por iso triunfan tanto en televisión eses comentaristas que teñen a lingua máis afiada que un coitelo, e que non dubidan en deixar títere sin cabeza. E por iso se forran.
Si, contrariamente ao que se pensa, falar mal é unha labor delicada, dificultosa, inxeniosa, e non carente de un aspecto casi artístico.
Bueno, fin. A resaca domíname. Morro no teclado negro e áspero que xa non me responde. As mans son as que non deixan de moverse, ao seu aire, sin seguir á cabeza. Ainda pode ser que o alcol ande a facer das súas e que todo esté condicionado a ese último cubata , o que me tomei ás seis da madrugada. Fin. E todo o que podo dicirvos sin temor a facer o ridículo. Pois iso.

13 agosto, 2008

poema de agosto sobre la ausencia

agosto agoniza
en la ausencia de sol,
de esperanzas de amor,
de ferrero Rocher en los estantes
de los supermercados.


dijo que volvería
el próximo verano...
la promesa infinita de la historia,
volver , siempre volver,
a los paisajes gastados de memoria



y en su voz
adiviné aquella primera traición
de la vida,
lección implacable del tiempo
sobre los pupitres y las telarañas.


llueve otra vez,
esta tarde parece lluvia de tristeza,
sobre las atracciones ,
sobre los feriantes, con sus caras sucias
y sus hijos pidiendo limosna


también les dió por robar carteras
a los turistas.
yo me pregunto entonces
donde pasé tardes como esta
cuando él estaba conmigo


íbamos a la plaza del centro
y recuerdo un sol atroz sobre las aceras
me gustaba verle comer algodón de color rosa
sin atragantarse ni dar tregua,
creo que le quería.


agosto me trajo una luz
de otro tiempo,
desgraciadamente no hay medicamentos
contra la nostalgia
ni contra las mentiras...


atropellaron a mi perro
en la estación de autobuses
mientras yo esperaba en el andén número diez,
"autobús procedente de Madrid
estacionará en el andén número diez en cinco minutos"


y bajaron los pasajeros
con maletas de sueños y de futuro,
pero el chico del verano pasado no compró su billete
en Chamartín, no tenía demasiado interés
en reencontrarme


sin perro y sin amante volví
a mi casa, en el centro de la ciudad.
fuegos artificiales y música de orquesta,
era el día grande de las fiestas de la Peregrina,
no quería que nadie me viese llorar


Vivir na cidade


Folga de sol en Galicia, e en Pontevedra casi que nos da igual, porque estamos no medio das festas da Peregrina, e iso xa é suficiente. Onte a choiva deu tregua e os pontevedreses xa non pediron máis.

Eu busquei no xornal a ledicia matutina que me está permitida neste mes de agosto, cando a oficina é remanso de tranquilidade e escaparate das desgracias dos turistas, e atopei a nova de que van a rehabilitar o café Savoy , ese vello edificio que está no corazón da cidade e que leva pechado moitos moitos anos. A noticia fíxome cóxegas no estómago, unha ilusión pequena, casi persoal, que despertou os mecanismos das miñas nostalxias. Porque cando eu cheguei a Pontevedra, fai uns anos -deus, cómo pasa o tempo, seis anos xa- o primeiro café que me tomei nesta cidade foi no café Savoy. Ao pouco tempo pechárono, e dende entón o edificio foi pouco a pouco caendo no estado ruinoso no que agora se atopa. Pero eu lembro aquel primeiro café, cun vello coñecido , compañeiro de partido e amante antigo, dos tempos da universidade,que ao igual ca min caeu nesta cidade para quedarse.

No xornal cóntase que as obras comezarán en menos dun mes e que se manterá a muralla intacta, que Pontevedra recuperará ese espacio para o café e a tertulia, que tivo tanto éxito ao longo de décadas.



Na tarde de onte o ibuprofeno non me deixou moito tempo libre, dominoume por completo, e tan só me liberei do sopor medicamentoso que me tivo toda a tarde dormitando cara as oito da tarde, entón encendín a tele e tiven a sorte de atopar o partido de baloncesto de España contra China, en diferido. Sabía o resultado e ainda así casi acabo infartada. E nese intre din gracias por non velo en directo, non creo que fose capaz de soportalo. Ao final, o resultado foi o mesmo que pola mañá, cando chegaba ao bar nos últimos segundos, 85 España, 75 China. Polos pelos, no último momento e sufrindo moito, así foi a victoria de España sobre China. O mellor de todo , o sufrimento patriótico dun dos comentaristas, que lonxe de ir retransmitindo as xogadas, suspiraba, facía comentarios máis para si que para os telespectadores e daba ánimos en voz alta aos xogadores, como si o escoitasen. Tivo un toque de patetismo e un toque de tenrura. Así somos no fondo os españois ante os nosos deportistas, mirámolos con orgullo de pais cando triunfan e poñémolos a caer dun burro cando as cousas non lles van tan ben, deixandoos despois caer no máis triste dos olvidos.




O conflicto do Caúcaso parece que se resolve, o que non se sabe é si polo éxito diplomático da UE ou porque Rusia cumpliu os seus obxectivos e agora só lle interesa consolidar certos puntos que non estaban definidos antes do 6 de agosto. Esa é a gran dúbida, si realmente Rusia non estará utilizando á UE como instrumento consolidador das súas estratexias, entre elas a de poñer a integridade territorial de Osetia de Sur como un tema que se debe debatir internacionalmente, e non que dependa únicamente de Georgia. Eu de dereito internacional non entendeo moito, certo, pero o que si queda claro é que coas medidas coas que voltou Sarkozy baixo o brazo como condición para poñer fin ao conflicto, pretenden ir máis alá da situación existente antes de decretarse o estado de guerra, o que beneficiaría sobradamente a Rusia, e a UE contribuiría a ese fin.



12 agosto, 2008

María Dolores Pradera



Marabillosa María Dolores Pradera onte na plaza da Ferrería de Pontevedra, a pesar da choiva que non deu tregua , a pesar dos paraugas que enchían a praza e impedían que disfrutasemos da diva como se merece. Ainda que a noite non era propicia, ela ,vestida de vermello, abría os seus brazos e emocionábase ao cantar as letras de sempre. E conseguía os aplausos dun público entregado, que a interrumpía con emotivos actos de agradecemento. Marabillosas tamén, coma sempre, as súas letras.





"Por tu amor que tanto quiero

,y tanto extraño

que me sirvan otra copa y muchas mas

que me sirvan de una vez pa' todo el año

que me pienso seriamente enborrachar

Si te cuentan que vieron muy borracha

orgullosamente diles que es por ti

porque yo tendre el valor de no negarlo

gritare que por tu amor me estoy matando

y sabran que por tus besos me perdi

Para de hoy en adelanteya el amor no me interesa

cantare por todo el mundo

mi dolor y mi tristeza

Porque se que de este golpe

ya no voy a levantarme

y aunque yo no lo quisiera

voy a morirme de amor..."

Retazos da guerra do Caúcaso.

Na guerra do Caúcaso, como case sempre sucede, hai un motivo de peso: os oleoductos. Georgia é un país de importancia vital dende o punto de vista geopolítico, pois miles de barriles de petróleo e gas extraénse diariamente dende o mar Caspio e deben trasladarse ao mar Negro, co fin de que podan levarse ao Mediterráneo e ao resto do mundo. EEUU controla únicamente os oleoductos que pasan por Georgia, xa que o resto pasan por Rusia. Si Osetia do Sur se integra en Rusia, os oleoductos georgianos deixarán de estar controlados por EEUU.
A incoherencia da UE: O recoñecemento da independecia de Kosovo e a non aceptación de que Osetia do Sur se una a Osetia do Norte baixo a Federación Rusa. A pretensión de Georgia , apoiada por EEUU, é a entrada na OTAN, que permitirá ao seu presidente , Mijail Saakashvili, cumplir a súa promesa dun Programa de Acción de Membresías , e desexa facelo antes de decembro, da próxima reunión da organización.
Pero Georgia non pode formar parte da OTAN porque, para ser membro desta organización é obrigado que os Estados non teñan problemas territoriais non solucionados.
Osetia do Sur quere unirse a Osetia do Norte e formar parte de Rusia. EEUU di que Georgia é un estado soberano e que hai que respetar a súa integridade territorial. A UE , que apoiou a segregación de Kosovo, nega agora o dereito de segregación de Osetia do Sur, e a súa anexión a Rusia.
No 2006, nun referendo celebrado en Osetia do Sur, cunha participación do 91%, o 99% votou pola independencia de Georgia,e a unión a Osetia do Norte e Rusia. Este referendo non foi recoñecido por Georgia nin pola comunidade internacional.

11 agosto, 2008

11 de agosto.



Cheguei a Pontevedra un luns 11 de agosto, e atopeime de mañá con cotilleos frescos no Diario de Pontevedra. Adoro este diario e a esta cidade, que me brinda cada día novas posibilidades de felicidade. Esta vez foi a festa do Liceo Casino, no que como cada ano se presentaron as mozas da cidade en sociedade. Este ano foron 22 rapaciñas entre 16 e 18 anos, as que acompañadas dos seus pais e padriños, asistiron á cea baile que tivo lugar no Casino pontevedrés. O Diario de Pontevedra derrocha no artigo poesía ,e conta con certo aire romanticón como se deselvolveu o evento, sin deixar de lado a outra cara da cidade, a festa que se vivía nas rúas da cidade " las calles de la ciudad ardían con la atolondrada fiesta de peñas". Porque a plebe tamén ten dereito - pobriños, eles que non bailaron o vals- a divertirse , cada un como sabe, ou como lle permite o seu status.

No medio das 22 raparigas aparecía fotografiada xunto co seu pai a filla de Telmo Martín, Nuria Martín Taboas, que co seu vestidiño branco, tamén disfrutou da noite do sábado cal princesiña de conto, lonxe da muchedumbre chusmosa que do outro lado das paredes do Casino bebía viño tinto e botaba a pota polas esquinas. Nuria non é coma elas, Nuria bailou o vals con papá, e disfrutou dun manxar exquisito, e despois tivo baile civilizado ata a madrugada e, cócteles a altura da súa alcurnia, non viño rancio de cartón do Día.

Mariano Rajoy ía asistir ao baile do Casino, pero acontecementos de última hora impedíronllo , moi ao seu pesar. Lembro que o ano pasado sucedeu exactamente o mesmo. Penso que a frase do Diario de Pontevedra era a mesma, contando como Rajoy nunca falta a este evento , pero como motivos de última hora llo impediron nesta ocasión. E así ,ano tras ano, Mariano , o sempre presente, acaba ausentándose con caracter extraordinario. Adoro -insisto- o Diario de Pontevedra, e a súa maneira de pintar a realidade.

Mariano foi aos touros, eso sí. Vin a súa foto tamén no xornal de marras, e facía a ola o político, todo feliz, mesmo parecía que disfrutaba , o touro xa estaba a morrer o condenado, qué espectáculo, deus.


Sobre todas estas cousas típicas pontevedresas, xa escribía eu o ano pasado, cando aínda non tiña blog, e quédome parva ao ver o similares que foron os acontecementos. E é que nada muda nesta Pontevedra dos meus amores, e menos nestas datas da Peregrina. Buscarei o artigo con esmero , para compartilo con vós, e para que comprovedes que ,efectivamente, ano tras ano, Pontevedra revive os seus xestos ,as súas poses, a súa fanfarronería e tamén a súa caspa , ao tempo que as prazas se enchen de bulliciosa plebe que pinta as rúas de ledicia, de sorisos sinceiros, de festa auténtica. A Ferrería, o Teucro, a Alameda...ahí é onde se vive a verdadeira esencia da Peregrina, sin princesas vestidas de branco nin touros desangrados na praza, sin politicos lucindo palmito e deixandose fotografiar con amplos sorisos de titular. Outra Pontevedra existe, e nada ten que ver coa que debuxa o Diario de Pontevedra.

08 agosto, 2008

08/08/08

E digo eu, qué sucede neste venres que se escribe 08/08/08, qué novedades agardan sorpresivamente detrás das fauces da madrugada, e qué faremos hoxe , os dous, sin agolpar os momentos dun xeito inolvidable, nin agardar amores imposibles, nin compromisos, nin promesas...Hoxe, que tiven a sorte de atopar os teus beizos, sin pretendelo, casi sin desexo, máis ben con certa inquietude e ansiedade. Ti eres pouco recomendable. Agosto non é o que eu esperaba, pero hoxe, 08/08/08, temos a ollada en Pekín, nas verbas de Bush, en miles de historias cotiás que nada teñen que ver contigo e conmigo.
E digo eu, cómo se descubre que mintes, que inventas a realidade que eu quero escoitar para que te acolla entre as miñas pernas, con xesto de nai e de amante ao mesmo tempo. Buscas unha nai. Quizais é o que todos os homes buscan cando agardan un abrazo de muller, que esa muller lles de un bico na meixela e lles susurre ao oído que todo irá ben. Creo que me aturde este mes, esta data precisa no calendario, que ti non eres ti, que eu non son eu, nin a túa nai, nin quero ser a túa amante. Non teño ganas de involucrarme no disgusto que se reflexa na túa voz, non quero indagar os traumas que de neno te conduciron a este precipicio. Hai algo detrás, seino, nótase. Pero non quero descubrirte, a ti non.
Prefiro prender o televisor, sin gana, sin espectativas, e afundir a ollada en Pekín, como si me interesase o que acontece nos Xogos, as recepcións de príncipes e reis, as bandeiras ... Os soños están por cumplir, as medallas son a promesa que os nosos deportistas nos fixeron.
Mamá está cociñando, quizais facendo unha tarta grande, ou un brazo de xitano. A tía Loli acudirá a comer un sábado de agosto e todos seremos a escenificación dunha familia normal, que non ten pasado ás costas. Logo o viño dalle claridade aos acontecementos e deixa ver o que de entrada era só unha intuición pasaxeira. O velo desaparece e cada un quédase en coiro coas súas vergoñas en riba da mesa. Así son as comidas familiares, unha limpeza da costra da hipocresía, para dar paso á realidade cruel que latexa en cada esquina dos nosos corazóns.
E digo eu, cando vai parar este atronador discurrir de días de sol, de días de choiva, de días infinitos sin ningunha ilusión debuxada nos seus bordes. Esto tiña que ser un poema, un poema de agosto, para enviarllo a un dos homes que ainda me importa algo, que ainda pinta algo no meu espacio reservado para os sentimentos. O seu poema de agosto...Pero hoxe non é un bó día para a poesía.

07 agosto, 2008

Apagón mundial:El 10 de AGOSTO de 19:55 a 20:00 Hrs. Se propone apagar todas las luces para darle un respiro al planeta (la propuesta proviene de Francia. si la respuesta es masiva, el ahorro energético puede ser brutal). Solo 5 minutos, a ver que pasa. Si, si, ya se que estaremos 5 minutos a oscuras con cara de tontos, pero recuerden que Internet tiene mucha fuerza y podemos hacer algo grande.
Onte choveu sobre Pontevedra, gotas de choiva tormentosas que me trouxeron recordos da infancia, cando nos meses de agosto, miña irmá máis eu, saímos ao prado que está á beira da nosa casa , pola noite , a mirar ao ceo durante horas, dispostas a contemplar a choiva de estrelas de agosto. Lembro que eran as noites húmidas, despois das pequenas tormentas de verán, cando por fin escampaba, cando mellor se vían as pequeas estrelas fugaces surcar o ceo de agosto como veloces cometas que nos enchían de felicidade. Pasabamos sentadas no prado, en cadeiras de xardín, horas e horas, e ao fin, voltabamos para a casa, con dez desexos -os días máis afortunados- no corazón e vinte babosas subíndonos polas pernas. Cheiraba a noite de verán, a herba mollada, a frescura. Os soños íanse desgranando a medida que aparecían estrelas, e a noite dilatábase na conversa entre as dúas nenas que éramos entón- miña irmá máis eu- felices e con todo o futuro por diante.
Hai outros agostos na memoria, que pesan como ferro sobre as entrañas, pero hoxe o día amenceu con ledicia no meu rostro. Escoitei falar de Mauritania, do manotazo á democracia que supuxo o golpe de Estado, e encolleuseme un pouco o espíritu pensando no fráxiles que son as cousas , no que dependemos da política e en como inflúen as decisións dalgúns na vida de tantos. E logo foiseme a ollada á noite de onte , cando escoitaba coma cada mércores a Gustavo, esta vez xa recuperado da voz, cantando a miña canción, esa que sempre lle pido e que él me regala cando se lembra. "Que tu no me quieras no me importe tanto..."e tantas outras verdades que di nas súas letras, sempre con optimismo, como si a vida se salvase nas súas propias contradiccións e a música puidese resolvelo todo. Onte tiña máis forza que de costumbre, onte estaba eufórico e contaxiaba a súa euforia. E logo, fixeime en "Fly", o percusionista , grandioso e discreto, que non perde nin un segundo o ritmo. E en Jose, o negro que desliza os seus dedos polo teclado como si lle estivese dando caricias. Mírame de reollo, ás veces tímidamente agasállame cun soriso, e incluso aproveita a mínima ocasión para falarnos. Unha amiga que sempre me acompaña asegura que él ten os seus motivos, quen sabe.
Hoxe despertei contenta, sí. Con bicos antigos grabados nos beizos, e os seus cabelos rubios e rizados facéndome cóxegas nas entrañas. Sei que o amor está a un paso, que só teño que deixar de ser racional e amarei a ese home por riba de calquera entendemento. Pero xa non teño idade para encoñamentos sin pensar. E os seus cabelos non me namoran tanto como para esquecer que os amores non correspondidos son un pozo sin fondo que só conduce á desesperación. E qué vos importa, xa o sei. Sin embargo despertei contenta. Gustoume a choiva lene sobre a cidade, refrescando os nosos soños de antaño, renovando o noso espiritu, limpando o noso ollar na medida do posible.

06 agosto, 2008

Pekín 2008: A xogar e calar

A piques de que den comezo os Xogos Olímpicos , Pekín móstrase como unha cidade blindada , que rezuma policía por tódolas esquinas e colócase no punto de mira de todos por motivos máis que obvios. O que se preguntan agora algúns é si a celebración dos Xogos vai servir a China como escaparate do rexime comunista no mundo, ou pola contra servirá para instaurar principios democráticos no país. Sen dúbida o rexime chinés aproveitará os xogos para interpretar neles o recoñecemento da lexitimación do comunismo a nivel global. O que xa non está tan claro é si alguén aproveitará a ocasión para reclamar dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, o dereito á información ou dereito de manifestación, todos eles inexistentes en China. As organizacións de defensa dos dereitos humáns lembraron aos deportistas que a liberdade de expresión é un dereito individual fundamental e alentaronos para que fagan declaracións públicas en China en pro da defensa da liberdade e da democracia.
Os gobernos temen que estas declaraciós políticas se realicen e teñan consecuencias, e advirten aos deportistas que garden silencio sobre asuntos políticos, e todos están pendientes do que finalmente vai suceder. China pregoniza un "a xogar e calar", e organizacións de medio mundo incitan a pequenas revolucións individuais, casi actos heroicos en boca de personaxes públicos recoñecidos polos seus méritos no deporte.
A estas alturas parece inútil o debate sobre si a decisión de celebrar as Olimpiadas en China foi acertada ou non, e os demócratas temos agora as nosas esperanzas postas na defensa individual que cada un dos participantes nos xogos podan levar a cabo, no seu grao de implicación e na repercusión que estas pequenas accións individuais poden chegar a ter.
China xoga coa baza de ser unha potencia económicamente superior, e viste a cidade de Pekín para que nada se saia do previsto, os gobernos dos países participantes miran para outro lado e dan instruccións aos seus deportistas, e na rúa sérvese o debate e a incógnita ante posibles incidentes alleos ás actividades puramente deportivas. E así, nun clima opresivo, de excesiva seguridade e total carencia de información, inicianse uns xogos nos que todos esperan ver algo máis que competición e deporte.

05 agosto, 2008

Morreu o home que desenmascarau a Stalin



Todos os xornais falan hoxe de Alexander Solzhenistsyn , que morreu onte en Moscú, a idade de 89 anos. Inicialmente entusiasta da Revolución rusa e militante comunista convencido, en 1945 foi detido a raíz da publicación dun manifesto político e condeado a 8 anos de reclusión. Estes anos presos cambiarían a súa vida e as súas concepcións sobre o mundo, e froito das súas vivencias persoais dentro dun gulag escribiría despois un auténtico testimonio da barbarie e horror que acontecía nos campos de concetración soviéticos, Archipiélago Gulag (1973).A pesar de divulgar as atrociades de Stalin con fidelidade á realidade da que foi víctima, moi poucos quixeron escoitalo, e foi durante anos un gran incomprendido, ao que tomaron por tolo e borracho.Di Miguel A. Murado nun artigo hoxe na Voz de Galicia ( Testigo a quien pocos querían escuchar) en alusión a incomprensión que padeceu Solzhenistsyn "Nuestra imagen del mal absoluto la ocupa , de manera exclusiva, el Holocausto, y esta ha cubierto de un olvido injusto este otro crimen, en algunos sentidos más grave". Efectivamente, a represión e exterminio levadas a cabo por Stalin quedaron nun segundo plano, e durante moito tempo mirouse para outro lado, como si realmente Stalin estivese a levar a cabo os plans utópicos do que se entendía que debía constituir o comunismo profetizado por Marx. "Pero el nazismo se había exhibido desnudo por media Europa y los intelectuales rezaban para que el experimento soviético que consagraba la dictadura del proletariado y ejercía el marxismo en su ensoñadora vertiente igualitaria funcionase como funciona la química al serle aplicada la fórmula oportuna", di Manuel Jabois no Diario de Pontevedra.


A obra Archipiélago Gulag non é agradable, pero é necesaria, eu diría mesmo imprescindible, para chegar a comprender de todo unha parte da historia do noso mundo. Conta un horror que moitos descoñecen, que outros simplemente esqueceron , ou quixeron esquecer. Ainda que foi escrito entre 1958 e 1967, non foi publicado ata 1973, e para eso con presa, por problemas coa Seguridade do Estado Soviético. Esta obra costoulle ao autor o exilio durante 20 anos.





Transcribo a nota do autor á primeira edición, que encerra de maneira clara a intención que persegue coa súa publicación, ser a voz dos que non puideron contar o que sufriron.



"Con el corazón renuente, durante años había detenido la publicación de este libro, ya terminado: mi obligación con aquellos que seguían vivos sobrepasaba mi obligación con los muertos. Pero ahora la Seguridad del Estado se ha apoderado de él, no tengo más alternativa que publicarlo inmediatamente. En este libro no hay personajes ni eventos ficticios. La gente y los lugares son llamados con sus propios nombres. Si son identificados por sus iniciales en vez de sus nombres, es por consideraciones personales. Si no son nombrados en absoluto, es sólo porque la memoria humana ha fallado al preservar sus nombres. Pero todo tuvo lugar tal y como se describe aquí. Dedico este libro a todos los que no vivieron para contarlo, y que por favor me perdonen por no haberlo visto todo, por no recordar todo, y por no poder decirlo todo."

Fin de festa.



Os pontevedreses deixaron 18 toneladas de lixo na cidade despois da festa das peñas, pero ainda que parece unha cifra considerable, o certo é que son menos porcos que outros anos. Non o digo eu, senón o Diario de Pontevedra, que afirmaba na edición de onte que a media de lixo na cidade depois da primeira fin de semana das peñas está entre 20 e 25 toneladas. Así que , tendo en conta estas cifras pois parece que a que se montou este ano non foi para tanto.
Ao tempo que Pontevedra celebraba a súa festa de peñas, que xira en torno ás touradas e o tinto mollando as camisetas, Cambados celebraba a festa do Albariño, cun ton totalmente diferente, no que o albariño cobraba protagonismo, xunto co ambiente festivo na rúa, xente de tódalas idades, compartindo distintos escenarios: concertos, casetas de viño, orquestas…
Ao Albariño foi don Manuel, e foi alí onde dixo que xa tiña 85 anos e que comezaba a notar a idade sobre o corpo , sobre todo que se resentía da perna esquerda, e que non sabía canto tempo lle quedaba. Supoño que o bó de don Manuel era o único que non se dera conta de que os anos xa lle pesan, a verdade é que lévanlle pesando xa fai algún tempo. Claro que a idade é relativa. E canto máis maior se fai un máis lonxana ve a vellez, como si a perspectiva sobre a senilidade fose mudando a media que pasan os anos por riba dun. Así meu pai, cando tiña uns sesenta anos, contando unha historia, ao facer alusión ao protagonista da mesma dixo “era un chaval así coma min”. E o peor –ou o mellor, según se mire- é que o dicía totalmente en serio, non con ánimo de resultar simpático. Pois si, a idade é relativa. Eu coñezo moitos vellos de trinta anos, e moitos chavales de setenta, como o meu pai.
Tamén o lixo –as toneladas de lixo- é relativo. 18 toneladas de lixo son moito lixo para os que teñen que limpalo, por exemplo. E sin embargo non son máis ca unha cifra nun xornal para os centos de persoas que entre o sábado e o domingo dispoñían da cidade ás súas anchas, deixando o chan perdido, cheo de botellas, cartóns, papeis, cristais…
Menos mal que ao final non se confirmou a folga dos operarios que recollen o lixo, e o luns puidemos atopar a cidade perfectamente aseada para encarar a semana, ata a próxima tourada, eso sí.


Polo demais, percateime de que estamos en agosto, e que por fin chegou o verán. Luce un sol espléndido e as praias están abarrotadas, imposibles. E ainda así non pode unha evadirse do pracer de deixarse estar sobre a area quente, de buscar entre toallas e sombrillas un anaquiño de area para acomodarnos, e aturar con paciencia os nenos que che tiran area, as pelotas que che baten na cabeza, os que de regreso das duchas pasan polo teu lado e te poñen pingando. E iso por non falar do difícil que é mergullarse na auga, sin que miles de pequenas criaturas che corten o paso con todo tipo de artiluxos, que si tablas de surf, colchonetas, lanchas hinchables, balóns…Vamos que ir á praia convertese nun deporte de risco dende o primeiro instante.


Pero na praia pode un aproveitar para ler o xornal, e poñerse dos nervios vendo por exemplo as cifras do paro, que pese a ser agosto, subiu. Desalentador. Eso si, estanse equiparando as cifras de paro femenino e masculino. Non é idílico conseguir a igualdade efectiva nas cifras de desemprego, pero así son as cousas. E os xogos de Pekín a piques de comezar, con todo o debate que traen consigo. Ao final todo se resolve en termos económicos, e hipócritas ou non, os países democráticos farán a vista gorda ante as barbaridades que se cometen en China, ante a violación constante dos dereitos fundamentais.


Sin embargo agosto non é un túnel negro no que perderse e afogar de pesimismo. Agosto trae as festas da Peregrina, as festas da miña aldea –San Lorenzo de Arbol, en Vilalba- , as festas de Soutelo de Montes…En fin, temos todo un mes por diante para seguir construíndo o verán.

04 agosto, 2008

Dando unha volta polos xornais dixitais atopei unha cousa interesante. Resulta que a noticia máis vista en internet foi a que fai referencia a un blog dun ex profesor de 75 anos que explicou nun artigo a crise económica, dende o seu inicio en EEUU ata a súa expansión a Europa. Di este profesor que o seu artigo é tan só copia do lido en varios xornais e algún comentario persoal, pero o feito é que xa tivo repercusión en todo o mundo.

Intentei ler o artigo enteiro, pero non tiven tempo a lelo en profundidade, sin embargo creo que merece a pena, pola sinxeleza coa que vai describindo o problema. Ao final , intenta explicar unha a unha as ventaxas e inconvenientes das medidas económica adoptadas polo goberno español para paliar os efectos da crise no noso país. Creo que cando menos precisa dunha lectura rápida, xa que para os que non temos moita idea de economía pode clarificarnos un pouco como se expandiu unha crise da que non fomos conscientes ata que xa era inminente.

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/08/03/00031217765127280523366.htm


http://leopoldoabadia.blogspot.com/search/label/%2B%20ANEXO%201%20Crisis%20NINJA

Equanimal en Pontevedra nun acto da súa campaña pola abolición da Tauromaquia.

O pasado sábado 2 de agosto, mataronse seis touros na Praza de touros de Pontevedra, entre gran expectación pola presenza dun coñecido toureiro, que mesmo foi galardoado –creo- na cidade. Aberrante.
Ese mesmo día, pola mañá, activistas da Fundación Equanimal, unha asociación sin ánimo de lucro creada en defensa dos animais, acudían a Pontevedra para protestar pola masacre que supón o espectáculo taurino. Pesoas desnudas, tiradas no chan, con banderillas clavadas nas costas, e completamente manchados de sangue. Este era o aspecto que ofrecían, como si se tratase de touros abatidos na praza, como protesta ante a tortura e asesinato dos animais.
Esta fundación pide a abolición da tauromaquia, e de todas cantas formas de maltrato existen aos animais, e non dubidan en arriscarse a ser detidos, abucheados, insultados, para defender aos que non poden defenderse, animais inocentes que sufren e morren víctimas do home na nosa sociedade.


Agradecín especialmente a presenza destes activistas na cidade, e sobre todo, conmoveume ver que en Pontevedra existen moitas voces que rexeitan as touradas, e mesmo as asquean. Unha muller duns sesenta anos berraba indignada contra as tauradas e contra todos aqueles que as defendían, dicindo que eran a vergoña de Pontevedra. Insultaba aos toureiros e sobre todo o gran negocio que as touradas supoñen. Non deixaba títere con cabeza, empresarios, políticos, cidadáns de a pé que pagan prezos desorbitados por ver morrer a un animal. Gustoume moito esa muller, falei con ela e devolveume un pouco a fé na humanidade. " Eu son de Pontevedra de toda a vida – díxome- e non defendo esta barbaridade, non , esto non é ser da cidade" Por suposto asinou a primeira o manifesto que a Fundación Equanimal lle ofreceu.

Pero esta muller non foi a única. No centro da cidade, nun día soleado e esplendido , na hora máxica do aperitivo, moitos pontevedres e turistas ocasionais pararon diante dos activistas, e romperon en aplausos espontáneos, agradecendo igual ca min ese acto de protesta, esa iniciativa á que sumarse e mostrar así a repulsa polas touradas e a repercusión enorme que teñen na cidade.
http://www.10diciembre.com/colabora/
Aquí tedes a web desta fundación, na que podedes informarvos de todas as actividades programadas e de todo o que esta fundación leva a cabo.

Transcribo a continuación partes dun artigo dun membro desta organización, que expresa á perfección o sufrimento dos touros na praza:

"…se abrirá una puerta, que lejos de ser una vía de escape, será la del infierno. Justo en ese momento sentirá el toro un dolor intenso cerca del cuello. Ël no lo sabe, pero sus torturadores le llaman la "divisa", un puñal corte que le clavan desde arriba, cobardemente, para que el pinchazo le incite a salir con aspecto de bravura a la arena, donde la gente espera verle morir. Busca desesperadamente la salida. No hay donde esconderse ni a donde huír. Delante suyo irán apareciendo una serie de personajes que le desconciertan.
El toro no ataca. Sólo intenta librarse del dolor. Un sujeto a lomos de un pobre caballo tan aterrorizado como el propio toro, le clavará sin piedad repetidas veces una lanza en sus costados. Ese "castigo" producirá fuertes heridas y hemorragias en el animal llegando incluso a perforar sus pulmones.
Al poco, otros seres le atosigarán e intentarán marearlo , clavándole en las ya abiertas heridas tres pares de afilados arpones llamados "banderillas", que a cada movimiento del animal irán desgarrando la musculatura de su espalda y vertiendo cada vez más sangre.
Sus patas empiezan a no poder sostenerle. La debilidad por la pérdida de sangre, el dolor y ese miedo constante son cada vez más evidentes. Ahora ya, así preparado, aparecerá ante él el "matador" que le introducirá una espada en su cuerpo atravesando sus órganos vitales. Los pulmones encharcados ya en sangre hacen que el toro comience a vomitarla y a no poder apenas respirar. Se tambalea, sus fuerzas le abandonan, no puede contener las heces y la orina. (…) Es frecuente que el animal tenga que soportar repetidas veces el entrar y salir del acero en sus entrañas, y que caiga desfallecido, pero aún con vida , para recibir en la base del cráneo la "puntilla": otro puñal que al tocar la médula ósea paralizará sus movimientos, pero que le deja muchas veces todavía conciente mientras le arrastran por la arena, y le cortan sus orejas, su rabo…Ovación. Aplausos. Euforia ante la muerte…"MONTSE DEL OLMO.