21 abril, 2008

Reflexións de domingo

O xornalista do Diario de Pontevedra, Manuel Jabois (http://manueljabois.blogspot.com/) escribiu onte a conto do urbanismo que un día facendo dedo cara a Sanxenxo o home que o recolleu masturbouse no coche, mentres ían de camiño. Este dato que parece ser froito dunha vivencia persoal levoume a pensar que hai de certo no que os xornalistas din nos seus artigos, cando fan referencia a feitos persoais. O certo é que facer referencias ás propias vivencias constitúe unha conexión entre a ficción e a realidade que da solidez ao relato, e que consegue a comunión entre o que nos contan e as encrucilladas da nosa propia existencia.
Supoño que sempre que se escribe, busca un no fondo dos seus caixóns algo de verdade para contarllo ao mundo, adornado coa actualidade, e así compoñer un mosaico no que o que se plasma non é tanto a vida real, como a vida imaxinaria que se desexaria vivir. A min sucédeme. En todo caso, sexa verdade ou non, gústame pensar que cando os xornalistas escriben, plasman nos seus artigos un pedaciño deles mesmos que comparten entón con todos nós, dándonos o pracer de acceder por uns segundos ao máis recóndito do seu universo particular, como si por un furadiño na parede pudiésemos ver o que acontece na habitación do lado.
E xa que estou co tema dos xornalistas, observei esta fin de semana o ben que promociona a Voz de Galicia a nova novela de Xosé Carlos Caneiro. Lin dous especiais falando do tema, con entrevista persoal ao xornalista e autor da novela e loubanzas varias para a súa obra. Eso sí, nalgunha esquina dalgunha páxina lin o adxectivo “pretenciosa” no medio de moitos outros cargados de excesivo optimismo.
Dende logo a promoción funciona, porque eu, pese a que asustan un pouco as máis de setecentas páxinas do libro, vou comprar e incluso ler “A nova vida de Madame Bobary”.

1 comentario:

M. dijo...

Jejeje...

Pues bien: no sólo me pasó una, sino dos veces. Yo era un niño muy mono que hacía dedo siempre entre Sanxenxo y Pontevedra, y viceversa. Y hasta dos veces dos tíos me ofrecieron sexo, y las dos dije que no y que tampoco me importaba si se hacían una paja, si lo tenían a bien.

¿Ficción? Evidentemente yo tenía dieciséis, diecisiete años, y no pensaba en el urbanismo, sino en que acabara cuanto antes y en que no se despistara al volante. En realidad, estaba un poco asustado.

Bicos!