Non hai mellor maneira de comezar a dirixir o Ministerio da Igualdade que predicando co exemplo, claro que non sei si á nova Ministra de Igualdade lle parecería tan fantástica a noticia. Quizias o que sucedeu é que Bibiana, ao ser nomeada ministra, pensou que xa pasaba a formar parte dunha élite distinta e non tiña que cumprir cos deberes cívicos e respetar as normas de tráfico como calquera outro mortal. Ou quizais foi simplemente que quedou durmida no seu primeiro día de escola, porque cos nervios estivo desperta ata moi tarde, e claro, pegáronselle as sabas ,e despois , como chegaba tarde á súa propia investidura, non lle quedou outra que deixar o coche onde puido. O caso é que fose polo que fose, Bibiana deixou o coche mal aparcado e caeulle (igual que a calquera outro na mesma situación) unha multa, ademais da retirada de dous puntos. do carné. Menudo estreno, e no fondo non deixa de ser anecdótico ,que multen á ministra de igualdade como unha sorte de simbolismo da igualdade efectiva que rixe no cumprimento da legalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario