Nada novo baixo o sol, ¿ou si? quen sabe. O que si parece é un sábado máis , coma calquera sábado, no que a resaca de onte pola noite féndeme a cabeza. Non estivo mal, comezando polo conciertazo de Gustavo, que ainda que éramos poucos, estivemos integrados e disfrutando ao máximo. E él , pois non decepcionou. Comezou un pouco baixo (normal, tamén me deu a min certo baixón cando vin que alí estabamos catro gatos) pero despois, cos aplausos e a entrega do seu público, medrouse e deixou sair ao artistazo que leva dentro.
Despois do concerto, o de sempre, a noite. O Fly, as cervexas, as conversas filosóficas sobre o sexo e o amor, as risas, as posibilidades, as sorpresas...Casi todo o que sucedeu serviría para contar, pero agora non me apetece. Agora estou xa metida de cheo neste sábado morriñento, de cor gris, sin choiva, sin nada. Penso nos homes que nunca me quixeron, e bótoos de menos, a cada un deles. Aos que me quixeron non os boto de menos, porque fun eu a que deixei de querelos antes. Cando o amor morre olvidase. Non se pode rememorar un amor que xa non existe. Lembras que o quixeches, pero non lembras a sensación. As sensacións non se reviven nunca máis que a través dun novo amor. Nunca será o mesmo. Pero os homes que non me quixeron, eses existen todavía no meu horizonte.
Teño ganas de berrar ata que alguén me escoite, ata que me faga oír alí onde pensei sempre que non era posible. Non son unha amargada nunha tarde de sábado, simplemente mudei os meus plans, e agora non sei encher o tempo. Gustaríame enchelo de bicos e non de recordos. Gustaríame enchelo ainda que fose de choiva, ou de primavera. De paixón. Pero aquí estou, coma unha papanatas, diante da pantalla do ordenador, para que niguén me lea, nin me escriba, nin me diga que me quere, ni me faga o amor...Ay, qué cursi ,non? facer o amor. Nunca uso a expresión, paréceme doutra época, ou saída dunha telenovela. Eu digo follar. Ou botar un polvo. Lin nun blog "tierna conexión irracional" para referirse ao sexo. Non estaría mal que mo propuxesen así : ¿te apetece tener una tierna conexión irracional conmigo? , e eu diría que si, porque detrás desas verbas seguro está un tipo sensible, que che percorrerá o corpo cos seus beizos e che dirá que eres guapa mentres te come enteira. En fin, un sábado de merda, coma calquera outro. Perdeuse tanto o romanticismo...Acheganse a ti ás sete da mañá e dinche simplemente "nos vamos a casa?", así , con esa naturalidade e esa cercanía, como si fose o máis normal do mundo. Debería ser o máis normal, que dous seres solitarios se den un pouco de ternura e de querer, sin ter que hipotecarse de por vida. O malo é que despois das conexións irracionais, por tenras que sexan, non queda nada, quizais máis vacío si cabe, máis tristeza, máis soedade...
No hay comentarios:
Publicar un comentario