A min esta merda de tempo despois dos días de sol veraniego, qué queredes que vos diga, pois ata me tranquiliza e me relaxa un pouco. Porque a min esa calor a destempo ponme un pouquiño "tontita". E agora que voltou o inverno, os días grises, e teño unha gripe de carajo, todo voltou á normalidade na miña cabeciña. Claro que tamén pode ser que este feixe de virus que pululan polo meu corpo me teña algo aturdida e non me deixe pensar con claridade. ¿De qué quería falarvos? ay, xa sei, da investidura de ZP. Pois iso, que ao final parece que vai se-la cousa en segunda volta e con maioría simple, o cal según algúns non o lexitima claramente como presidente do goberno. Pero, digo eu, si na lei queda contemplada a posibilidade da elección nunha segunda volta por maioría simple pois non existe ningún tipo de falta de lexitimidade, así de sinxelo. E ¿por qué non busca apoios ZP para a súa investidura, e se arrisca a ser elexido en segunda volta coa abstención dos grupos nacionalistas? pois ao meu humilde entender porque sabe moi ben que un pacto previo cos nacionalistas serviría para que o PP engordase o argumento de que os que mandan son os nacionalistas, e que ZP vendeu o poder aos grupos minoritarios para simplemente saír investido presidente. Zp non se propón gobernar sin consenso durante a próxima lexislatura, pero non quere dende o principio condicionar a súa opción de goberno, e moito menos poñerlle ao PP en bandexa a pricipal critica que a oposición vai levar a cabo do goberno, a da cesión do poder a favor dos nacionalismos radicais. E dito esto, sin moito acerto , seguramente , xa que son miles de virus os que están a pensar por min, pois vou dedicarme a outra cousa un pouco máis gratificante, non sei, a contemplación da choiva tralo cristal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario