27 diciembre, 2015

O Nadal

Renego do Nadal porque no fondo abúrreme profundamente. Sin embargo quero Nadal na aldea, e non me atrevo nin siquera a imaxinar outro destino distinto para rematar decembro. Porque no fondo sei que algún día botarei de menos o bullicio da aldea, a calor, o tempo que non da pasado, as comidas abundantes e as sobremesas eternas e soporíferas...O Nadal cobra sentido sempre porque é o meu, porque é a miña familia e porque son, ao fin e ao cabo, as miñas raíces, o que me define. Por iso renego. Porque é meu e botareino de menos cando xa non sexa como é agora. 

***
Remata un ano máis e non sei si debería facer balance. Ou si facer unha lista de "new year resolutions". Ou simplemente non facer nada e disfrutar da calma dos últimos días do ano, sin pensar demasiado, aproveitando nada máis para relaxarme un pouco. 
O balance é sinxelo, no último mes resolveuse todo un ano dun xeito extraordinario. Asístín perplexa e ilusionda á caída do bipartidismo, a un proceso electoral que deixa un panorama complexo no que nada está ainda decidido. E asíntín -máis sorprendente todavía- á gran posibilidade do amor. Un soño cumplido por sorpresa, cando xa daba todo por perdido e cando comezaba xa a mirar para outro lado. Ainda non sei como sucedeu.

***
Un xiro de cento oitenta graos. Un bico determinante  e unha maneira natural e sinxela de quedarse ao meu lado, de despertar conmigo, de abrazarme e de non soltarme nunca máis. Quizais o amor debería ser sempre así. Gastar o tempo necesario en tomar unha decisión, mantendo as distancias, para unha vez firme a decisión, levala a cabo ata as últimas consecuencias. Penso que así o fixo el. Dubidou e incluso chegou a ferirme coas súas palabras de rechazo. Díxome non e recordoume máis dunha vez que a vida era así, que non sempre eramos correspondidos nos nosos anhelos. E logo, deu un paso adiante, sin mediar máis palabras. Só me falou a súa pel, e os seus beizos. E as súas máns. E  a miña pel descifrou os seus sentimentos ao tempo que eu me deixaba querer sin palabras, sin demasiadas florituras.
E de prondo todo foi fácil e fermoso. Estabamos nas portas do Nadal, co corazón a punto de saírseme do peito, as esperanzas todas renovadas e mil bicos enchendo as miñas tardes e as miñas noites.

***
Non sei si chegou para quedarse. Eu podo falar por min. Eu sei que o amo. Que o vou amar. E que vou facelo dun xeito distinto porque os amores que nacen no nadal deben ter algo de especial. Todos os meus bicos son con el. Para el. Nel. E non podo imaxinar máis felicidade.