14 abril, 2008

domingos

Os domingos rematan na soedade das noticias pola tele, hoxe a actualidade resultame máis interesente que outras veces. Apuramos a tarde , arrastrando os pes polas rúas de pedra da cidade, arrastrando as anecdotas da noite vivida, difrutada. E despois enfráscome no dilema dos italianos, votar a Berlusconi ou votar a Veltroni. O dilema da dereita ou da esquerda dun país que perdeu a fe na politica , a confianza nos políticos para sacalos da súa crise. Dous días para emitir o voto, para determinar o futuro do país, nunhas eleccións nas que todo apunta a que o verdadeiro triunfo será o da abstención. Non quero poñerme triste e pensar finalmente no resultado posible. Cun 50 % de participación, a situación é favorable para Berlusconi, ese fantoche de chiste fácil, sin gracia, que se presenta aos comicios sin programa, sin discurso, pero o que é moito peor, sin respeto. Italia pode cambiar o rumbo das cousas, pero ás veces as miserias da xente fan que as decisións se tomen no medio dunha nebulosa, que non deixa pensar con claridade. E logo en España temos novos ministros e novos ministerios. Hai caras novas ao frente de Ministerios recén nacidos, con nomes para ilusionarnos pero non sei de momento cal será a eficacia dos mesmos. No medio de tantos nomes recibo con especial ilusión a Bibiana, xove, rezumando frescura por tódolos poros da súa pel, ilusión e enerxía. Unha muller moi nova á fronte dun Ministerio que se estrena, o da Igualdade. Non sei de onde ven, pero sei que Chaves a acunou no berce cando ainda era un bebé. Ela ía xa para política cando ainda non sabía gatear. E así sucede cos que nacen co carné dun partido debaixo do brazo, que chegan a ministros. Pero o romanticismo da imaxe de Bibiana, tan rubia, tan xovial ,tan serena ao mesmo tempo,fíxome crer un pouco en que tamén en política as marabillas son posibles.
A primavera deslízase entre días grises de choiva miuda e frío, e os socialistas mostran un soriso nos seus rostros definido que delata a súa felicidade. Chegou ZP ao goberno en segunda volta, sin necesidade de ninguén, coa cabeza moi alta, mentres no PP están todos a tirarse os trastos á cabeza. Di Esperanza que o que importa é un debate sobre as ideas, non sobre as persoas, pero ninguén o cre. Si non fai nada é porque non pode, pero as cartas xa están sobre a mesa.
En fin, os domingos son rutina, e ás veces pesan demasiado. Menos mal que sempre nos queda a política para mudar un pouco o escenario.

No hay comentarios: