Acabou a noite tarde, ou comezou o día demasiado rápido no reloxo que marca os meus bio-ritmos. Acabou tarde, sin ser unha noite boa de todo, nin mala de todo, desas noites que rematan na cotidianeidade da Praza da Peregrina, nunha despedida que se alonga, que se mezcla cos últimos supervivintes da movida que piden un cigarro para liar o penúltimo porro. Apenas durmín o suficiente para que o cerebro funcione ao 20%, cando menos, e sin embargo, podo meterme de cheo na actualidade dos xornais despois do café , único alento vital que se me concede nesta mañá difícil por múltiples motivos. Marcha a nosa xefa, como si nada, como si todo a partir de agora fose a continuar funcionando igual. Seguramente así sexa. Pero eu, eu non voltarei a funcionar igual, porque ás veces algúns xefes consiguen motivarnos dun xeito distinto. Ela nunca me provocou hipertensión, nin me puxo ao borde dun infarto –ou si- non sei, en todo caso agora tiñámonos tomada a medida das nosas respiracións e atopabamos unha na compaña da outra certa complacencia. O cariño non se logra nun día, pero ao mesmo tempo quédanos o consuelo de que tampouco é flor dun día. Marcha do seu despacho, da nosa rutina de teléfonos, reclamacións, faxes, fotocopias...pero seguirá con nós, ocupando –polo que a min respecta- ese lugar ao que tantas veces acudíamos, o que ocupa tan só unha nai que da consellos dende a experiencia, o cariño e o respeto absoluto.
A mañá ten os seus inconvenientes, que se ven agravados coa resaca, co eco da noite na pel e na mirada. ¿Cómo se di, andorranos ou andorreños? Gran dúbida neste venres de abril no que todavía pensas que se che pode encoller o corazón. Pero sempre hai un escape nos diarios, coma si puidésemos, buceando na actualidade, fuxir da nosa realidade e non ter que enfrentarnos ao que nos espera. Sarkozy recoñece que non o fixo ben, tres de cada catro din que cometeu erros, pero él espera ao fin do seu mandato, que ainda lle queda tempo para rendir contas. E os mariñeiros seguen secuestrados, as temperaturas subirán na fin de semana e a Voz de Galicia mándanos a Ferrol a facer surf –creo- mentres que Rajoy, seguro de sí mesmo, coas costas cheas de coitelos clavados, afirmase como o candidato popular no 2012.
E no medio de todo esto, decátome de que a noticia máis vista en interntet foi a do médico de 98 anos que foi asaltado no seu domicilio. O homiño casi morre do susto, claro que digo eu que de algo hai que morrer, que non é que lle desexe eu mal algún, pero máis que o feito do atraco en si, e da cifra -180.000 euros- roubada, chamoume a atención que o tipiño á idade de 98 anos segue exercendo a súa profesión. Hoxe non teño o corpo para críticas, así que non vou dicir nada ao respecto, nin con Sarkozy me meto, que total tampouco serve de nada o que eu pense da política ou do exercicio das profesións liberais.
Ah, outra cousa, para os freakes que teñades tempo libre a Voz dixital puxo en marcha unha sección que se chama “cual es tu look”, na que hai que enviar fotos e videos de compras e un texto explicando como vistes, e eles din – e quédanse tan panchos- que chos publican . Pois nada, agora xa sabedes que facer na fin de semana, ou ir ao Ferrol ou ben dar unha voltiña por Benito Corbal, entrando en Mango, Zara, Stradivarius etc,etc...e a probar trapiños cámara de video en man, sorisa profident e a escribir con boa letra “soy una pijita de la ciudad, de toda la vida, compro ropita a la última, la que me mete Zara por los ojos, este verano el amarillo, que cuando esté morenita me va quedar de muerte...y tal y tal” e hala, a que te vexan todos en internet.
Que teñades bó día.
Que teñades bó día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario