23 noviembre, 2015

Data de caducidade


“Sé que no hay camino de regreso/ que el desamor está en los huesos/ pero hay maneras de vencer. / Sé que aunque haya cosas que terminan/ crece otra piel sobre la herida / y todo puede suceder.”

 ***

O amor ten mil caras, mil maneiras distintas de revolvernos a vida. Pero ás veces tamén é preciso deixarse arrastrar, e apostar forte. Co risco de perder. De perder unha vez máis.

Estou nesas. Na última encrucillada do ano, no último abismo, na última aventura. E por iso estou tranquila. Porque pase o que pase, será o último accidente mortal deste ano 2015 que está a piques de rematar. E logo pecharei a porta á súa mirada e non haberá máis posibilidades. Non estará cada mañá moi cerca, nin poderá asomar a cabeza polo meu despacho para falar uns minutos e dicirme que logo podemos ir a tomar algo. Nin morrerei derretida no ben que lle queda o azul…

O Nadal vai ser neste caso un punto final, sen prórrogas, sen segundas oportunidades. Porque sen fichaxe ás oito el xa non terá cabida no meu mundo .

Sei que a vida non remata na oficina, pero quizais a miña historia con el sí debe rematar entre as catro paredes do traballo, e morrer ahí, na despedida ás portas da noiteboa, cunha mensaxe que presinto, ao dar ás doce na noite de fin de ano.

E despedirei o ano pensando nel. Por última e derradeira vez. Porque os amores non correspondidos tamen teñen data de caducidade.