Democracia en el PP é unha plataforma creada a través dunha web coa pretensión de denunciar a falta de democracia interna dentro do PP por un grupo de militantes, que queren facer chegar a súa voz á dirección do Partido e que xa anunciaron que presentarán a súa propia candidatura para o XVI Congreso Nacional.
Mal andan as cousas no partido de Mariano cando os militantes de base teñen que acudir a unha web para que o seu propio partido os escoite, e mal andan cando afirman que por pretender abrir un debate dentro do partido, no que se impulse unha renovación dende abaixo ata arriba, teñen medo. Sí medo, eso dicía hoxe na Voz de Galicia Alvaro Gonzalez Buitrago . Medo porque propoñen á dirección do seu partido a argumentación e o diálogo como medio para tomar as decisións que afectan a tódolos militantes. E vai máis alá este militante cofundador desta plataforma na súa entrevista, e di que son unha maioría, pero que a minoría e a que acaba tendo o poder.
Así as cousas vemos que incluso o PP non contenta nin aos seus, e que son as propias bases do partido as que demandan transparencia e debate, e as que non atopan a maneira de que as teñan en conta.
Para os que din que non existe crise no PP, deberían botar unha ollada a esta plataforma, (http://democraciapp.es/) e deixar de mostrar imaxe de normalidade diante das cámaras, e despois andar a puñaladas polas costas entre eles. Señores do PP, as súas bases non se sinten identificadas coa súa maneira de facer as cousas e agora , xa que non quixeron escoitalos, utilizan a mellor maneira para dicirlles que existen e que lles van dar guerra, internet. E claro, esta é a auténtica marabilla , que nos enteramos todos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario