30 abril, 2008

Deixei de ler os seus poemas, para evitar a tentación de facerlle comentarios. Como si se me fose a vida nese xesto, como si tivese algunha importancia o que eu pensase da súa literatura. Pero eu son así, tozuda, e ás veces o orgullo pode máis ca min, máis ca os meus desexos. E triste sentir que as cousas que sucederon, ás que lles demos importancia –ainda que só fose uns minutos- quedarán para sempre relegadas ao olvido, e que aquela historia que estaba tan só no principio, non chegue a rematarse nunca, nin siquiera a construirse a medias. Hai derrotas que se viven como fracasos persoais, pero tamén hai que saber sobrepoñerse e deixar de lado o que antes nos rexeitou a nós. E así, o mellor é quedarse soa no propio espacio, inmóbil, sin atreverse a adentrarse noutras realidades, porque no seu momento, cando tocaba que nos abrisen as portas de par en par, non nos recibiron con boas palabras. Son tozuda, como dixen, e resístome a esquecer coma si nada, pero non quero mostrar sinais de flaqueza. Non vou marcar o seu número de teléfono, nin a facer sinais de fume para dicirlle que eu estaba convencida de que xuntos podiamos cambiar as nosas esquizofrenias particulares sin facer dano a ninguén ,sin necesidade de acabar durmindo xuntos despois de poñernos ata riba de porros e licor café. O amor non sempre é o final do camiño, e non todo conduce a unha familia tradicional con nenos, can e hipoteca. Había moitas máis cousas que debuxar con só imaxinalas. Pero o silencio é un muro moi denso, que non é fácil de rebasar. Estou no borde de Maio, coma si fose unha pantasma que asiste á súa propia vida dende o aire, e o ve todo desde fóra, como si a que vive a miña vida non fose eu, si non alguén que non coñezo, unha boneca de trapo incapaz de sentir e de emocionarse.


Para Paco.

No hay comentarios: