Atopeime esta mañá no xornal co que podería ser o argumento dunha película de terror. Pero o certo é que sucedía nunha localidade da Baixa Austria .Un home de 73 anos mantivo encerrada no sótano da súa vivenda á súa filla durante vintecatro anos, e nese tempo a filla tivo con el sete fillos, tres dos cales vivían encerrados coa súa nai, sin contacto co exterior e sin televisión, e os outros tres –un dos sete morreu ao nacer- vivían co seu pai-avó e coa súa avoa como fillos adoptivos , que foran abandoados na porta da vivenda pola súa nai desaparecida. Pois esa é a historia que o astríaco José Fritzl inventou cando un día decidiu encerrar á súa filla Elisabeth no sótano, e a que mantivo durante todo este tempo de cautiverio, no que a súa esposa e nai de Elisabeth non chegou a sospeitar nada.
A descripción do sótano é espeluznante, pero ainda o é máis imaxinar os aspectos que non nos son aclarados polas autoridades austríacas deste macabro crime. Imaxinar a vida de Elisabeth durante estos vintecatro anos, sendo violada polo seu propio pai, quedándose preñada, e asistindo co terror que provoca o total descoñecemento aos embarazos primeiro, e logo aos partos, soa, sin axuda médica nin medicamentos, coa única axuda dun pai-verdugo. Imaxinar eses nenos –os tres que viviron no zulo con Elisabeth- medrando encerrados baixo terra, coa única socilización que a súa nai en cautivierio, e polo tanto con serios daños psicolóxicos como podemos pensar , lle podía proporcionar. Sin escola, sin ver a luz do día, sin coñecer absolutamente nada do mundo máis que o que acontece nese sótano, nese enterro en vida dende o mesmo momento de nacer.
Os danos físicos es psicolóxicos deses rapaces –un de 5, outro de18 e outro de 19- supoño que son irreparables. Ao igual que é irreparable a saúde mental e física desa muller á que o seu pai lle arrebatou a súa vida. Nin o mellor dos argumentos dunha película de terror superaría a atrocidade deste secuestro que se prolongou durante toda unha vida, con incesto reiterado. O certo é que a deformidade da mente humana pode chegar ata onde nunca sospeitamos, e tamén é certo que a natureza humana pode resistir dores inimaxinables, e continuar con vida.
A noticia deixoume unha tristura extraña, indefinible, como unha naúsea espesa que sei non me vai abandoar en todo o día. Os vecinos non sospeitaban nada, era un tipo amable Jose. E non pode un evitar mirar o seu entorno con certa desconfianza, quizais calquera tipo amable, dos que toman café por exemplo ao teu lado na barra do bar, ten soterrados baixo terra unha familia enteira que nunca verá a luz do día.

No hay comentarios:
Publicar un comentario