18 abril, 2008

Chove. Esta choiva seguramente sexa recibida como un miragre en moitos sitos onde xa afogaban na sequía. Pero eu non sei como recibila, dame igual. Si, eso é , dame igual que chova, ou que faga sol ou calquera xiro da climatoloxía. Non teño o corpo nin para o sol nin para auga. Todo era máis fácil cando era nena, e a primavera era o preludio de tardes sin escola, xogando na praza, sin mobil ao que chamarme para dicirme que xa era a hora da cea. Abril augas mil, di o refrán, e parece que esta vez si, esta vez en abril chove, e a min a choiva non me pon máis triste que calquera outra cousa. Esta noite soñei que ía montar nunha lancha motora, a moita velocidade. No momento no que xa me tocaba subir, tiven medo e non fun capaz. Creo que é a maior das traxedias, non atreverse nin a soñar soñando. Cando non eres libres nin nos teus propios soños é coma si estiveses morto. O medo non debería de existir. Pero ás veces é inevitable. Despertei co corpo enteiro dorido, coma si me desen unha malleira mentres durmía. Durmín a medias, sentindo a choiva fóra, incluso eu mesma estaba tamén fóra, baixo a auga, mollada e incómoda, coma si non soupese a onde ir.
A indiferencia é non sentir , non opinar, abtraerse das cousas, coma si nada tivesen que ver con nós. Así me atopo, indiferente a este venres que amenceu gris e que seguirá gris sin que ninguén poda remedialo. Indiferente aos sms que non recibirei tampouco hoxe nos que me din que me botan de menos. Indiferente baixo a choiva, coma un corpo morto en vida, que deambula polo laberinto da memoria buscando o que perdeu. Perdinme a min mesma nalgunha esquina da cidade. A choiva mézclase coa memoria do que fun, do que amei en tódolos abriles da miña vida. Aquela canción tamén nos falaba da nostalxia das épocas mellores “ Veinte de abril del 90/ hola chata como estás,/ te sorprende que te escriba/ tanto tiempo no es normal...” E púxenme eu tamén a recordar, para non deixar a mirada inerte, fixa nos regueiros de auga no cristal, coma un zombie.

2 comentarios:

vanesa dijo...

Mi Poema de Abril



Picoteando la cáscara
de algún viejo recuerdo
con la lluvia de Abril
nacerá mi poema
le pondré mil colores
los más puros y claros
una música tenue
y el perfume de nardos.

Como una luciérnaga
brillará titilando
subirá por los aires
escapando de mi alma
se estirarán mis manos
sin poder alcanzarlo,
se quedarán mis labios
como siempre rogando:

Que una estrella lo guíe
que lo lleve a tu lado,
pues si tú lo encontraras,
y llegas a escucharlo
mi poema de Abril
quizá viva... hasta Mayo.

Don Ramón de Almagro

Reina de Palandria dijo...

gracias corazón, qué sería de este blog sin ti, y espero a partir de ahora contar también con tus comentarios. Gracias por el poema, es un rayito de luz en esta mierda de día. Hoy es viernessssssssssssssssssssss

Beso.