24 abril, 2008

O punto sobre o "i"



Cando non sabemos a quen culpar, antes de mirar cara nós mesmos, botamos man do que sexa para xustificar a causa última das nosas accións, sin pensar que ás veces das nosas accións só somos culpables nós mesmos. Dentro do listado de noticias máis vistas de hoxe vin na Voz de Galicida dixital que unha palabra mal escrita provocou un asesinato e un suicidio en Ankara . O problema xurdiu por un i ,que debería escribirse sin punto, pero nos teclados dos móbiles turcos non é posible, polo que o sms que un home enviou á súa exparella foi mal interpretado pola familia da súa ex, o que desencadeou o derramamento de sangue entre as dúas familias por unha cuestión de honor.
En fin, discutir por sms paréceme algo lamentable, un mal máis da nosa sociedade, á que non lle basta usar as novas tecnoloxías para o amor, que non digo que non teña o seu aquel recibir un “t kiero” as tantas da madrugada, pero xa usar os sms para con 150 caracteres resumir os reproches de toda unha vida en común, pois...é outra cousa. Pero si a eso sumamos que aos teléfonos lles faltan teclas, pois claro, normal que teña que aflorar a violencia por algún lado. En todo este asunto, no que o desencadeante foi o punto na i, nada tivo que ver a mentalidade do pai da rapaza nin a cultura dese país no que a honra é máis importante que a vida. Nada tivo que ver a ira do pai, que se desencadea como froito dun instinto tribal que nada tiña que ver coa discusión inicial dos que foran amantes. E tampouco tivo nada que ver a ira e as ansias de vinganza do ex-amante que ante a violencia do sogro reaccionou con máis violencia. A culpa de todo foi o punto na i, nada máis. E é que así entenderemos moitas cousas. Por exemplo ,sobre a violencia de xénero, a cousa vai ser que a culpa non é dos maltratadores, senón das compañías de telefónia móbil que permiten que se envien sms inadecuados, ou que poden ser malinterpretados por compañeiros sentimentais celosos. A culpa xa non é delas , agora e de Siemes, de Nokia ou de Movistar. Todo menos buscar o xermen da violencia dentro de nós mesmos, e da sociedade que nos inculca os seus valores.
Para a próxima teremos que ter máis coidado cando mandamos un sms a un ex – amante, non vaia a ser que poñamos mal un punto ,e acabemos demandando a Vodafone porque o noso sogro ten un cabreo de tres pares. Iso, ou que nos maten.

No hay comentarios: