21 abril, 2008

Boicot a Carabás.


Vaia por diante que non me gusta o título deste artigo, pero ás veces hai que utilizar as palabras de maneira contundente, para expresar, sin ningún xénero de dúbida o sentimento que queremos trasladar aos demais.
Nunca vou a Carabás (xa o digo sempre, eu son “chica Karma”) pero unha noite é unha noite, e si hai que agradar a algún amigo e acompañalo , pois son eu a primeira que se apunta. Así o sábado pola noite deixeime convencer para ir a Carabás. Nada máis chegar sorprendeume a presencia duns seis policías locais na porta, provocando grandes colas de xente que agardaba para entrar. Quizais polo meu traballo , tan familiarizada co follas de reclamacións, o primeiro que pensei, antes de pensar nunha pelexa, foi nunha chamada á Policia Local por denegar os porteiros as follas de reclamación .Efectivamente. Tanto era así que se formara unha propia cola paralela á de entrar para facer reclamacións. O motivo, a denegación de acceso á discoteca por ir calzado inadecuadamente, esto é, con calzado deportivo. Con moi malos modos os forzudos da entrada denegaban a posibilidade de pagar 5 euros por entrar no seu garito a chavales, chavalines, e non tan novos, polo simple feito de ir con zapatillas deportivas, mostrando un cartel , que ridículamente coroa a porta principal como si da carta dun restaurante de luxo se tratase. No cartel pode lerse entre outras normas e lendas aburdas, algo así como que se prohibe a entrada a persoas que vaian con aspecto desaliñado ou descoidado. Eu non son moi seguidora da moda, pero penso que os rapaces de hoxe en día, entre 18 e 40 anos, soen vestir de maneira informal nas fines de semana, acompañando modernas chaquetas ou casmisetas con coloridas zapatillas. E sen dúbida o look de moda entre os xoves, sin embargo para os “kingkognes” rompe-entradas de Carabás, estes rapaces lucen un aspecto descoidado.
Por suposto chegounos o noso turno na cola ao meu amigo e a min. Eu pasei sin problemas (son muller, e as mulleres xa se sabe, según as mentalidades dos que dirixen as discotecas a muller atrae aos homes aos seus locais, vaia vestida como vaia) pero o meu amigo, impecablemente vestido, super estiloso, incluso diría eu demasiado maqueado para un simple sábado pola noite, ía según o musculitos da porta en zapatillas. O meu amigo intentou explicarlle –sin nin siquiera conseguir que o escoitaran- que non eran zapatillas senón zapatos estilo deportivos, agora de moda. A min todo me pareceu terriblemente aburdo. O caso é que aquel porteiro desagradable tanto para a vista como para os nosos oídos dixo berrando que era a última vez que o deixaba entrar en deportivas.
A min déronme ganas de dar a volta, e de dicirlle a aquel tipo da porta que o meu amigo tiña máis estilo e máis clase da que tería el en toda a súa vida. Pero claro, eu deixarame convencer, así que entrei, paguei os 5 euros e intentei esquecer o incidente.
Unha vez dentro, dinme conta de que eran moitos os rapaces que levaban calzado deportivo, e polo tanto os que sufriron nas súas carnes a bordería duns porteiros que cumplen con normas absurdas. Pero,pregúntome eu, ¿qué pretende unha discoteca situada nunha cidade como Pontevedra impedindo a entrada a rapaces con este criterio tan carente de calquera racionalidade? Sin entrar a analizar os aspectos legais desta medida, quédome co regusto final que deixa no corpo entrar nun club deste tipo, no te tratan xa na porta coma si foses ganado , no que a tradicional rebeldía adolescente non se manifesta poñendo á pasma no punto de mira de tódalas criticas, si non que é o local en si, con todo o persoal que o dirixe os que se convirten no enemigo, e as miradas dos chavalitos –gran paradoxa- buscan complicidade e empatía nesa policía local que acudiu á chamada dos consumidores tratados inadecuadamente por uns porteiros groseiros de aspecto agresivo e altamente desagradable. Si eu tivese unha discoteca tampouco lles deixaría entrar -con ou sin zapatillas- porque a súa bordería si que constitúe unha auténtica alteración do orden público.


2 comentarios:

bor dijo...

Querida amiga... con respecto a las entradas de las discotecas y hacer "cola", acuérdate de aquella que hicimos para entrar a Zoo, lo que nos costó entrar... y lo que nos costó salir... jeje... y en otra ocasión, no hace tanto tiempo, para entrar en el Karma... que divertido! Viva la "animación na rúa"!

Besitos

Reina de Palandria dijo...

Gracias Beita, por leerme y aguantarme, que no se lo que será peor...Y la de "animación na rúa" que nos queda, ahora que llega el veranito...

Bicos