17 abril, 2008

Amistade

Os amigos fanse co tempo. Pero o importante non é facer amigos, senon aprender a conservan esas amistades. O difícil ven despois, cando xa nos dixemos que nos queremos e nos prometimos amistade eterna coas nosas confidencias e cos nosos momentos compartidos. O tempo pode convertir unha amistade aparente en cinza e mudar unha relación puramente superficial no máis profundo afecto e entrega.
Eu aprendín moito sobre a amistade lendo “o Principiño”, e cada vez que o leo atopo cousas novas das que botar man, leccións que me serven na miña realidade. Aos amigos hai que respetalos, quérelos e valoralos tal e como son, sin pretender cambialos. Pero tamén ás veces as amistades peligran e temos a sensación de que o destino as pon a proba. Eu son mentirosa, quero dicir, que minto con relativa facilidade cando as miñas mentiras non teñen demasiada relevancia. Creo que ás veces incluso mentir é necesario, e forma parte da socialización a que nos vemos sometidos día a día. Pero cando as relacións coas persoas trascenden as barreiras da cordialidade, e se comeza a forxar unha amistade, a mentira ten que desaparecer por completo do encuadre. Cando mentimos a un amigo deixamos de confiar nel, perdemoslle o respeto, e camiñamos de cabeza ao fin da relación que estabamos a construír.
Os malentendidos existen, e sentarse nunha mesa para salvar o que poda quedar do cariño que sentes hacia unha persoa , lonxe de parecerme un xesto noble e valente, paréceme sobre todo , un xesto necesario. Os amigos coñécense, e esa é a ventaxa, non hai que finxir, nin manter o tipo. Hai que abrir o corazón e decir o que se sinte , o que se pensa, o que nos fai dano. Cando a amistade existe, ou existiu nalgún momento, nun segundo esas dúas persoas sentadas frente a frente, recoñecense entre si, e trasladanse sin darse conta a ese espacio privado que xuntas compartiron tantas veces. E buscan o punto de encontro preciso para salvar os rencores, os reproches, os desplantes, os erros todos cometidos. Non é o momento de buscar culpables, nin de profundizar no que cada un fixo mal, ou no que cada un dixo ou calou. Romper con humor a tensión, pasar do pranto á risa, pedir outra caña, e deixar que che acaricien a man ao tempo que che secan as bágoas.
Cando a amistade existe, o tempo perdido recupérase no tempo que o camareiro deixa a conta enriba da mesa, e todo volta ao seu, coma si nada sucedera extraño nos nosos corazóns. Afora continúa chovendo, pero importa menos. Que chova. No fondo do vaso quedan as palabras primeiras, as de romper o xeo. Quedan as desilusións todas. E no aire queda o perdón, como un alento novo que nos muda por dentro. Quedou todo dito e olvidado no mesmo xesto .A partir de aquí, continuamos.

2 comentarios:

bor dijo...

Hoy es un día gris, un día triste, un día agotador, lleno de ahora si... de ahora no... de ahora quiero pero ahora no puedo... En definitiva un día para olvidar, tengo mi corazón en la garganta, me tiembla el pulso... y al leer esto me emocioné...

Sigue escribiendo y yo leyendo.

Besitos guapa.

Reina de Palandria dijo...

Qué bonito, emocionar a alguién con mis palabras,muchas gracias, de corazón, esto me anima mucho.