Saín a tomar un café -rutina nas mañas dos que traballamos en oficinas- e un compañeiro de traballo comentoume que o seu irmán lle contou a historia dunha xaponesa que vivía nos armarios. Si, nos armarios. A curiosidade pérdeme, así que me puxen a buscar por interntet e atopei contada a subrealista historia. A realidade sempre acaba por sorprendernos dun xeito ou doutro, e por suposto sempre fai certo o dito de que a realidade supera a ficción. Dende logo imaxinar o momento no que un home descubre que no seu armario leva tempo durmindo unha muller nunha colchoneta é absolutamente kafquiano. Pero o que máis me impresiona é cales poden ser os motivos que levan a alguén sin teito a procurarse esta maneira tan rara de aloxamento, esa especie de encerro voluntario nun espacio tan reducido, sin luz , e no que non é posible a movilidade.
Fai pouco lin un libro sobre os vencidos da nosa guerra civil que por medo as represalias do bando ganador se encerraron en sótanos, faiados e todo tipo de escondrixos durante moitos anos, saíndo só polas noites e durante breves periodos de tempo. As historias , contadas polos propios protagonistas , poñen os pelos de punta. Pero entendín os seus motivos, querían vivir , e saír dos seus furados significaba o fusilamento seguro. ¿Cales poden ser as razóns dunha muller no xapón que simplemente non ten casa para someterse voluntariamente a unha situación tan angustiosa?
Por certo, o libro do que falo é "Los topos", por si alguén quere lelo. Merece a pena. E unha maneira extraordinaria de coñecer a nosa historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario