O malo de utilizar a radio como despertador é que unha se desperta coas noticias a medias, que comeza a dixerilas medio en sonos e claro, pasa o que pasa. Así esta mañá resoaba no meu subconsciente a nova de que Telmo Martín di que acepta a castración química si o consideran oportuno. A min, ainda medio durmida, a idea de castrar a Telmo parecíame ben , unha especie de rebelión conta o sistema : castrar ao político como símbolo da erradicación da frustración e alienación que provoca o mundo no que vivimos. Despois da ducha a realidade entroume polos cinco sentidos dunha maneira máis clarificadora. Telmo Martín é hoxe actualidade porque anunciou que a próxima semana, o día 26, contaralle ao mundo o seu lugar secreto para o novo emplazamento de Ence, ese que fai un ano xa profetizou ante a mirada incrédula da maioría de cidadáns de ben. Non se ofreceu para ser castrado químicamente, non, ese era outro, un tal "Nanysex" que está sendo xulgado por abusar de menores.
Despois da ducha, xa a actualidade perfilada na xusta medida, o da castración química non me parece tan boa idea, porque castrar a un pederasta é tamén unha castración simbólica, pero non un acto de rebelión. Cando o sistema penal castra convirtése en verdugo, en torturador, en tirano que se pasa os dereitos humans polo forro, e somos todos os cidadáns os castrados.
E así cheguei ao primeiro café da mañán con Telmo na cabeza e o anuncio do espectáculo que nos agarda a proxima semana, para logo mezclalo con churros e un pouco de que si a iglesia anglicana pretende ordenar mulleres como obispAs e en California comezan a permitirse os matrimonios gays, con outro pouco de si a Losantos o condenaron por inxurias contra Gallardón. Vamos, que estou como quero, e ainda son as 11. Bó día a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario