Cando se xunta nunha mesma mezcla a xuventude, o diñeiro e un bó físico o cóctel resulta sen dúbida explosivo, e dende logo nada recomendable. Claro que hai que aderezalo cun pouco de inmadurez para que o resultado sexa extraordinario: teremos seguramente a un fantoche que alí a onde vai pretende chamar a atención, levar a voz cantante e ser idolatrado e seguido por todos. O que se atopa nesta situación que de entrada parece moi de agradecer, convirtese nunha especie de semideus que se sinte capaz de facer calquera cousa. Derrocha optimismo, alegría e cartos a mans cheas, nun intento de comprar simpatías e afectos. Tamén derrocha encanto persoal e consegue co seu palmito grandes éxitos amorosos e sexuais. Pero pasado o primeiro momento do encantamento, cando deixa de brilar todo ao redor, entón o suxeito en cuestión ten que contar con algunha arma máis ou estará irremediablemente condeado a ser un máis entre os mortais. E é ahi onde entran as súas inseguridades, esas que que cando o diñeiro e un físico espectacular non serven, fan do superhome un homiño patético.
Hai moitos tipos así no panorama dos nosos días. Son fácilmente recoñecibles, encantadores cando os coñeces, simpáticos e mesmo cariñosos cando tratas con eles de maneira superficial, pero cando rascas un pouco baixo a roupa de marca atopas tan só un rapaciño inseguro , carente de afectos e que non é capaz de relacionarse máis alá da cocaína e as conversacións frívolas dun sábado pola noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario