25 junio, 2008

Elegía a Ramón Sijé. Miguel Hernandez.

http://www.tinet.org/~elebro/poe/mher/elegia.html

Non sei que sentiredes cada un de vos, ao ler este poema. Para min é poesía pura, nostalxia da época na que descubrín a literatura e a poesía. Namoreime da poesía con este poema, da man dun profesor excepcional, o inolvidable Julio Figueiras, que tanto me ensinou. E hoxe deume por rebuscar nos meus recantos, na miña adolescencia curiosa e ás veces esquecida, e lembrei con absoluta nitidez aqueles versos que tanto me conmoveran "de almendro de nata te requiero/ que tenemos que hablar de muchas cosas/ compañero del alma, compañero". E un poema de despedida, pero tamén de profundo amor, de desgarradora tristeza pola perda de un verdadeiro amigo. Un poema que en si é pranto. Unha xoia da nosa literatura.

1 comentario:

Raquel Gulías dijo...

Preciosa, emocionante...
Emma, estos días el blog va de muerte.