16 junio, 2008

Soños

Onte tiven algo de febre, algo de resaca, algo de nostalxia. Era domingo. Pero pasar a tarde tirada na cama, dormitando a ratos, a ratos escoitando chover sin máis preocupacións , ten as súas ventaxas. Onte pola tarde tiven un soño. Unha pandilla de nenos ben , guapos e listos, decidiran montar unha festa freake o sábado pola noite. Estiveran de marcha toda a noite e ao final da noite, subiron todos xunto conmigo e unhas amigas nun iate camiño da illa de Ons. Pero a illa de Ons non era a illa de Ons ( cousas que suceden nos soños) sinón unha especie de isla que encerraba unha aldea medieval, chea de xente e de bullicio. Era como trasladarse a outro mundo , a outra época, pero con luxo excesivo. Todos os que baixamos dese iate mezclámonos cos lugareños e fixemos cada un o que nos pareceu. Non lembro moi ben cómo se derenrolou a miña estancia na illa, pero debeu ser magnífica porque despertei cando soou o meu móbil cunha sensación extraña de ledicia. O último que lembro era que íamos cear, nunha casa luxosa, na que había moita froita e grandes fiestras que daban a un xardín.
O malo dos soños é cando despertas e te das conta de que non foi real. Tes no corpo a sensación clara do que viviches, de que fuches feliz, pero ao mesmo tempo non podes recordar os detalles, tan só impresións mínimas, que se van diluindo co paso dos minutos. Ainda así a sensación que deixa un bó soño é agradable, e perdura durante tempo o estado de ánimo que tiñas na historia que acabas de inventar mentres durmías.

2 comentarios:

bor dijo...

Jejeje... pensé que ya serían horas de despertarte!
En el mejor momento... el de la cena, que puntería tengo!

Todas las resacas se superan. Lo mejor: "No vuelvo a beber más". Yo me dije lo mismo, pero ya estoy deseando que sea sábado. Planazo!!

Besitos.

Reina de Palandria dijo...

Do sábado mellor non me fales, eh? a min esperame relax, eso sí.