09 junio, 2008

Na fin da primavera

Non sei o que é follar sin ti,
nin contigo. A ultima vez
tiven unha ferida casi mortal
que me partíu en dúas.
Non merecía tanto desprecio.
E agora, que sei onde remata
a primavera podo vivir sin ti.
Si, sinto que podo vivir sin ti.
e conseguirei que non
me afecte a túa insistencia,
que chega a deshora e sin contundencia
como si non tiveses nada que gañar.
Non quero morrer máis veces
entre o mobil en silencio e
a túa muller na cama roncando.
Ese xesto tan natural doéme
máis ca outras cousas.
Eu non quería saber nada
que non tivese que ver contigo e conmigo,
Ela era invisible, ata onte.
Non sei que vou facer
pero sei que o vou facer sin ti.
O que sexa, emborracharme
e caer aos infernos, outra vez.
Xa non se pode caer máis baixo.
Pero non vou tolear esta vez
baixo un ceo escuro de maio.
Aprendín a desprenderme do que sobra
cando hai que fuxir en segundos
por unha carretera secundaria.
Non estivo mal o coñecernos,
despois de todo, fun o que quixen
na mediocridade do noso amor.
E tarde para os adeuses,
para casi todo, diría eu.


No hay comentarios: