España gañou a Rusia ,con soltura, con determinación , sen deixar lugar a dúbidas , nun partidazo que ata os que non entendemos de fútbol difrutamos como enanos. Dende o ano 84 non estaba España nunhas semifinais, vamos, que o de onte foi histórico. Durante o partido todo foi emoción, e na segunda parte, cando xa se vía o que tiñamos por diante, festa e algarabía. A praza da Ferreiría a rebosar, facía boa tarde e a pantalla que colocaron foi todo un éxito. Ata os menos entregados estaban encantados co ambiente ,o caso era estar cos amigos e compartir -si os había- os éxitos da selección como si fosen éxitos propios.
Son estas cousas as que ás veces inexplicablemente nos fan felices, sin motivo aparente, movidos por unha especie de sentimento patriota , de orgullo nacional que nos sae de maneira espontánea ante determinados acontecementos deportivos. Nunca vexo o fútbol, non sigo a liga, non son seguidora de ningún equipo, e cubro a quiniela a rumbo, como que fai a primitiva. Sin embargo hai partidos que son inevitables. E necesario estar alí, para contalo dentro de moitos anos, cando se volva a repetir algo así, e poidamos dicir nostálxicos " no 2008 España xogou a semifinal contra Rusia, e gañou por 3-0", e rememorar nese xesto todo o demais, o que ninguén viviu do mesmo xeito ca nós: os amigos que nos acompañaban nos berros cada vez que España marcaba, as conversas insustancias polas que se filtra a ledicia dunha tarde de xuño calurosa, a parella aquela que non paraba de bicarse xusto diante de nós...E o que aconteceu despois, cando xa todo rematou, cando España era xa finalista e a praza se ía baleirando. Cada un dirixiu os seus pasos aos sitios de celebración que lle petou, cada un celebrou como quixo , pero o caso foi que se celebrou ao grande, non era para menos.
Os que disfrutamos onte da selección española, do espectáculo en si que supuxo ver o partido en pantalla grande no centro da cidade, da alegría da xente enchendo a praza, temos unha cita ineludible o domingo as nove menos cuarto. Toca xogar contra Alemania, e gañar. Non entendo de fútbol, así que non me atrevo a facer pronósticos, pero din os entendidos que España faino ben, que ten equipo. Pois como din en Cuatro "podemos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario