Bicos, bicos , bicos...
O lamento pode agardar, quizais hoxe
teña medo do descoñecido.
Non podo facer máis
piruetas co destino,
tiro a toalla, a conciencia.
O país anda como anda,
e eu non entendo a actualidade
dos xornais, ¿para qué?
Ti viches a destrucción persoal
dos que te rodean,
e sempre queda o mesmo regueiro
de sangue inocente.
Hoxe as batallas teñen outra perspectiva,
non hai feridas mortais.
Si tivese un pouco de amor
crería que todo estaba resolto,
salvado de antemán,
como si o amor puidese
amortiguar os golpes.
Pero xa non podemos
buscar culpables,
xa non paga a pena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario