09 junio, 2008

Crise

No 73 cuadriplicouse o prezo do petróleo e desencadeouse unha crise que fixo tambalearse os postulados dos estados de benestar de Occidente. Parece que hoxe andamos nas mesmas, no que parece unha crise do petróleo a nivel global na que pouco poderán facer os estados para resolver o problema. Iso implica a globalización e iso implica tamén estar inmersos nun nivel supranacional no que os Estados da UE non poden dar solución a problemas fora do marco da Comunidade Europea. A crise do petróleo do 73 puxo en alerta aos EEUU e a Reino Unido que buscaron solucións liberalizando o mercado, e detrás Europa Occidental tivo que poñer frenos ao seu gasto público e a deuda pública nun marco de converxencia preciso que culminaría nunha moeda única. Atopaban así os estados de benestar que tanto se desenrolaran na década dos 60 un freo incuestionable.
A desaceleración que vivimos, o incremento do prezo do petróleo, as folgas de transportistas –que ameazan con ser duras e longas- , as folgas de pescadores en Galicia, son os primeiros coletazos dun problema que vai máis alá das políticas nacionais. Un problema global precisa solucións globais, que chegarán coma sempre da man das potencias máis interesadas en manter o engranaxe da máquina en perfecto funcionamento. As solucións serán quizais unha patada máis á socialdemocracia e aos estados de benestar europeos, incluido o noso. Cando a socialdemocracia se resinte, os máis desvalidos son os que sufren, coma sempre. Os ricos nunca sufren as consecuencias das crises econónicas, eles buscan solucións sin contemplación da situación dos menos favorecidos. Non creo que existan solucións máxicas para paliar os efectos negros desta crise petrolífera que se agudiza por momentos, pero dende logo pouco poden facer os gobernos sin pasar pola UE. Esa é a forza do noso tempo, e á vez o noso mal. En calquera caso mirar ao pasado non é alentador, porque iso só nos deixa claro unha cousa, que sempre gañan os mesmos.

No hay comentarios: