20 junio, 2008

venres

Teño un bó humor nesta mañá de venres que a verdade ata me sorprende. E os bós momentos hai que aproveitalos, e compartilos. Non sei si na miña felicidade ten algo que ver Mariano e a crise do seu pepé, ou pola contra a miña ledicia ten máis que ver co meu recente desamor, que cando se asume tamén provoca ledicias. Sexa o que sexa, hoxe son unha muller distinta, vestida de vermello para afrontar o porvir, a eurocopa e mesmo a noite de San Xoán.
E no medio desta mañá extraordinaria atópome cun folleto publiciatiro (cousas do meu curre) no que atopo un utensilio curioso: Máquina para facer cucuruchos de xelado. Deus, e eu vivín trinta anos sin coñecer a existencia de tal aparato. ¿Cómo é posible? O aparato non é sinxelo, non. 1200 W de potencia. Placas para fornear con recubrimento antiadherente llaflon. Patas de goma antideslizantes, enrollacables integrado. Rodillo para enrollar e moldear os cucuruchos. Impresionante. E como regalo, inclúe recetas. Todo isto polo módico prezo de 12.99. Vamos que agora mesmo deixo en paz o teclado do ordenador, deixo de escribir parvadas, e voume correndo a axenciarme unha máquina para facer cucuruchos. Logo xa veremos o que fago con ela. Poñer un negocio, quizais. Provisionar de cucuruchos a Camy ou a Royne. Quen sabe.
Bó fin de semana a todos. Feliz entrada do verán e feliz solsticio.

1 comentario:

bor dijo...

Nenaaaaaaaaaaa, una cosita, lo de Mariano como sustituto noooooooooo. No te perdono lo de este fin de semana.
Otra cosita... esta noche invitarás a un heladito??
Otra más!! Llega el verano, en mi pueblo huele mucho a mar esta tarde y por mi oficina acaban de pasar una manada de hippies con mochilones a cuestas, intuyo por la hora que se van a la Isla de Ons...
Besitos reina guapa!