A directiva aprobada onte polos parlamentarios europeos relativa ao retorno dos inmigrantes atenta frontalmente contra os dereitos fundamentais dos cidadáns. Vulnera os tan renonmbrados pola UE dereitos humans, sin contemplación, cun cinismo que deixa a Europa no plano que lle corresponde. E non se salva ninguén, porque todos, políticos de dereitas , de esquerdas e ata os noso sequito seguidor de ZP aprobou onte a directiva na que o que se pretende é restrinxir os dereitos dos inmigrantes ata casi ser relegados a unha categoría distinta a de persoa humana. Podemos detelos, retelos en cárceres convencionais, sin presentalos ante un xuiz , por un periodo de ata 18 meses; podemos deportalos a países distintos aos do seu orixe. E todo isto ainda que non alcancen os 18 anos. E así, desposeídos completamente dos dereitos básicos que se recoñecen aos cidadáns de calquera estado, conseguiremos erradicar este mal do noso tempo. A Europa solidiaria que construimos entre todos, esa Europa social que busca o benestar de todos ten agora o reto da inmigración sobre da mesa. A directiva é un ataque á socialdemocracia, ao sentido común mesmo, e dende logo á dignidade humana.
Onte diciame un compañeiro de traballo, irónicamente-como lle gusta a el desgranar a realidade-qué hai que facer para borrarse de Europa. E é que non é a cousa para menos. Lin hoxe un artigo na Voz no que nos culpaban a todos -europeos- da política anti-inmigración que votou onte o Parlamento Europeo, dicindo que a decisión tomada é a que decidimos todos os europeos, que vemos na inmigración unha ameaza. Eu non, eu négome a crer que na miña conciencia se oculte o temor de que os inmigrantes ilegais que fuxen da miseria, e que chegan medio mortos en pateras ao noso continente na procura dunha oportunidade de supervivencia , acaben por arrebatarnos o país e mesmo os nosos dereitos. Négome a crer que a miña conciencia , de europea mileurista que se afana sobre todo na procura dos seus propios praceres, esconda no seu interior un racismo que subyace baixo unha apariencia de persoa progre e solidaria. Non. E si Lois Blanco ten razón na súa columna de hoxe, e o que se aprobou onte na UE é o que queremos todos os europeos, a min non me queda outra que borrarme de Europa, como quen se da de baixa dun clube que xa non responde ás súas espectativas.
1 comentario:
facil, te haces el sueco y listo.
Publicar un comentario