04 junio, 2008

Nostalxias

A memoria é un laberinto complexo polo que nos movemos guiados polas circunstancias e vivencias de cada día. Moverse polo laberinto da memoria é algo así como ir á deriva, e sin rede, sin saber moi ben onde vai acabar un e que sensacións o van ir embargando. Cando chega xuño, vénseme sempre á memoria aquel poema de Biedma de Noites do mes de xuño, no que a presenza de horas de estudio , soedade e ausencia de amor son a clave, e si ainda por riba anda unha ás voltas cos exames finais , pois imaxinade...A volta á universidade, cos seus exames de xuño devolveume sin eu desexalo a recordos de fai máis de dez anos,cando eu vivía en Santiago de Compostela e pasaba horas sin durmir , finxindo que estudiaba, polas bibliotecas do campus Sur. Andaba daquela sempre namorada, sempre amores imposibles , que culminaban nunha ou dúas noites , ou si tiña sorte en anos de sexo sin ningún tipo de compromiso. Era unha forma de amar e de compartir, que o tempo descubriume que non era tan efímera e superficial como críamos. Véñenme á cabeza algúns nomes, Alfredo, por exemplo , cos seus impresionantes ollos azuis; Susiño, coa súa inocencia e a súa simpatía sempre a flor de pel...Pero como unha presencia constante , algo tan real e ao mesmo tempo tan opaco como o mesmo transcurrir do tempo, estivo sempre no meu panorama santiagués, de universitaria vaga, pouco entregada aos códigos de leis que a miña carrerira requería, sempre inquieta na procura de novas formas de ver pasar as horas, un nome, un home que coñecín cando só tiña 18 anos, e que compartiu conmigo sexo e amistade. El tiña 19 anos e era para min algo así como o desexo prohibido. Tivemos durante anos unha relación extraña, basada mais en atracción mutua e choque de opostos que no respeto , a admiración e o cariño. Fumos amantes que conseguían sexualmente logros extraordinarios, fixémonos dano máis dunha vez de maneira intencionada, e nunca deixamos unha porta aberta á máis mínima tenrura. Pero a vida é sempre imprevisible, e as persoas - afortunadamente- maduran ,e co tempo son capaces de canalizar mellor os seus verdadeiros sentimentos. Doce anos despois de coñecernos, o destino voltou a xuntarnos por casualidade, nunha rúa de Santiago, despois da universidade, despois de tantos tumbos e de tantos erros. Eramos os dous, os mesmos, pero distintos, e o que sempre sentiramos o un polo outro levounos a comportarnos , por primeira vez, como seres racionais que se atopan e se alegran de atoparse, e que desexan compartir ese momento. Fumos a comer xuntos. Dende entón a traxectoria que seguiron as nosas vidas e a nosa relación foi ben diferente. O amor, aquel amor tolo que eu sentía por el, mudou nun sentimento de cariño maduro, e supoño que a el lle pasou o mesmo. Tivemos borracheras, e noites de sexo desenfrenado, como cando éramos apenas uns adolescentes, estudiantes de Dereito e de Físicas, pero por riba do sexo, e da paixón , quedou entre nós unha amistade verdadeira , firme e que sei perdurará durante moito tempo.
El está en Barcelona, e eu fago de momento a miña vida en Pontevedra. Pero hoxe viñen a Santiago e fun ao portal, guiada sin rumbo polos entresillos do meu laberinto memorístico, onde tantos bicos nos roubamos. En fin, qué bonito vivir,e lembrar, e ter un número de telefóno, o seu, para enviarlle un sms, e dicirlle simplemente " hoxe estou pensando moito en ti".

No hay comentarios: