"Qué hace un cantautor por las mañanas? Se levanta , se viste y se va a su casa"
Este foi un dos chistes que Gustavo lanzou onte ao aire. Foi na Cabaña, coma sempre, nun ambiente festivo inigualable no que todo o mundo o pasou ben. Por fin está de volta do sur , él e o seu irmán Rodrigo, e onte puidemos velos aos dous xuntos no escenario emocionando e levantando ao público como só eles dous poden conseguir.
A fórmula máxica de Gustavo Almeida, un mércores pola noite e unha cervexa non fallan,é a fórmula da felicidade, e si por riba se deixa caer polo local Rodrigo o bó momento está asegurado.
E é que os dous cantan ben, cada un co seu estilo particular : Rodrigo enche o espacio coa súa voz potente e diáfana, e Gustavo eclipsa con ese toque de "artista" e cantautor que percorreu moitos camiños. Xuntos o combinado é un agasallo para a vista e o oído, un pon a voz, o seu sorriso pícaro e o seu corpo en movemento cun micro na man; o outro a sensibilidade das letras que él compón pensando nos seus quereres, a música da súa guitarra , a verborrea constante coa que vai relatando as historias que pululan detrás das cancións, á beira da actualidade, sempre solidario.
Gustavo e Rodrigo Almeida son para min a posibilidade de trascender a rutina dos días, cando cantan todo parece cobrar un sentido distinto, coma si todo fose posible. Sempre lles digo ás miñas amigas que nos momentos dificiles tan só Gustavo consigue animarme, e é certo. Muda o meu humor, a miña disposición frente ao mundo. Escoitoo sempre coa mesma devoción, e agradezo os seus bicos despois da actuación- eu sei que tamén el agradece os meus ás veces, cando o concerto polo que sexa non foi de todo ben- e ainda podemos falar un anaco de cando serán os próximos concertos e de calquera outra cousa, como vellos amigos que comparten uns momentos de música que sempre acaban sendo inolvidables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario