Non pensedes que todo vai ser política neste xoves de xuño sin sol. Porque neste día tranquilo, no que decidín mudar a miña paisaxe máis íntima decidín alegrar un pouco a vista cun home que me parece -e non admito que me contradigan- guapo.
Iván de OT é un dos guapos deste país para min. Non son seguidora de Operación Triunfo, nin siquiera me gusta nin me divirte, máis ben, abúrreme. Pero este ano, por cousas da desidia e do tedio, acabei algunha vez coa tele encendida, e co murmullo de fondo das voces destes chavaliños que din se dedican a cantar. E nesas estaba eu, aburrida, cando de pronto un dos concursante de OT me chamou a atención dun xeito ben distinto ao que me sucedeu noutras ocasións con calquera tipo de realitys. Namoremeime. (Xa sei que é gay, pero eso tamén influiu no meu namoramento, claro) Namoreime perdidademente do seu físico, e da súa frescura, intelixencia, ironía e forma de posicionarse ante o mundo. Pero sobre todo namoreime porque é guapo. E dende ese día no que reparei nel por primeira vez, non puiden xa prescindir de ver OT, tan só para non perderme o pracer de miralo, como unha boba, de escoitalo, de "babear" frente ao televisor, e disfrutar simplemente da contemplación da súa beleza.
E a verdade é que poñer aquí as súas fotografías e contarvos a miña atracción "fatale" responde ao mesmo , á miña propia autocomplacencia, nesta mañá grisácea na que tan só me apetece deirxarme arrastrar polo hedonismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario