18 junio, 2008

sobre o amor

Onte merquei libros para o verán, insustanciais novelas para levar á praia, libros de autoaxuda, e todo tipo de pseudoliteratura fácil , desa que mezcla ben coa auga salada e a area quente. No medio destes libros un título captou a miña atención neste xuño no que o sol apunta tímidamente cos seus raiños sobre o horizonte: Sobre los buenos y los males amores. Non fun á praia, pero non puiden evitar convertir o meu propio cuarto nunha especie de sitio de recreo ao uso para disfrutar de tal literatura. Así que cómodamente estirada na cama, cunha cerveciña ben fría á miña beira metinme de cheo na lectura sobre os bos e os malos amores. Caín na conta deseguida de que fai moito tempo que non boto un polvo con amor, vamos que fai moito tempo que non teño un acto sexual que non sexa puro intercambio de fluidos e exercicio físico. Claro que sempre hai algo de tenrura , e mesmo unha especie de ilusión nos últimos bicos, os da despedida, pero cando remata o acto en sí, o momento evaporase como unha cortina de fume, sin deixar rastro. Ante tal descubrimento sentín un pouco de tristeza. Fai tempo que non sinto nada parecido ao amor, nada que se asemelle nin de lonxe á sensación que provocan unhas mans amantes sobre a pel, unha mirada duns ollos que te queren e te acarician ao mesmo tempo que te miran.
"Yo te quiero: aunque esto no es asunto tuyo". E únha das frases que lembro da miña lectura de onte pola tarde, algo así como que un pode estar só no amor, que o amor é algo que nos pasa a nós , dentro de nós, e que moitas veces nada ten que ver co outro, co ser ao que amamos. Sin embargo o amor non correspondido pouco tempo adoita a forma de amor. O amor non correspondido ten data de caducidade, muda rápido en obsesión, en frustración, en melancolía. Eu sei moito de amar de maneira unilateral, sin contar coa reciprocidade do ser amado, aceptando de antemán a falta de calquera posibilidade. Por eso son volátil no amor, porque nunca son correspondida.
Dicía o autor do libro que vos comento (non me preguntedes nin quen é ) que o amor é contaxioso, que quen ama recibe amor dun xeito natural, por simple agradecemento do que se sinte amado. E a min deume un tanto a risa, porque eu levo toda a vida repartindo quereres sin contemplación, sin regateos, a mans cheas, e non obtiven a cambio nin o mínimo recoñecemento que podería albergar un soriso. A verdade é que me enfrentei a lectura do tratado sobre o amor dun xeito casi cómico, irónico e dende logo sin esperar grandes leccións sobre tal tema universal. Pero da rabia descubrir entre o absurdo das páxinas dun libro de bolsillo que a soedade é unha ferida máis profunda do que creíamos, e que de vez en cando estaría ben que alguén nos quixese a cambio de nada.

6 comentarios:

Raquel Gulías dijo...

Estoy de acuerdo con el libro en eso de "quien bien te quiere, se hace querer". A alguien que te quiere, ..ya te nace quererle. Sí, creo en la reprocidad. Quizás todas las personas a las que has querido también te han correspondido, con su forma de "querer, aunque no fuese la justa manera que tú necesitabas... y eso haga que te parezca que ha habido ausencia de afecto. Pero es imposible no quererte! vale? Espero que lo recuerdes cada mañana al mirarte al espejo!

bor dijo...

Eso! que nos quieran un poquito ya!! Pero de verdad, eh?
El amor es contagioso... pues no me lo creo!!!. Ahora mismo suena en mi mente la canción de Manu Chao:
...Mentira lo que dice
mentira lo que da
mentira lo que hace
mentira la mentira
mentira la verdad
mentira lo que cuece
bajo la oscuridad
mentira el amor
mentira el sabor...
Así que... andamos en esas? libros de autoayuda? jeje... esos son los míos desde que voy a la "terapia anti-stress" medio obligada por mi neurólogo. La tipa de la terapia me recomienda este tipo de lectura y ahora voy por "Coaching para el éxito", ella misma decidió que no "gestionaba bien mi tiempo" y me encuentro con un problema: que no tengo mucho tiempo para leerlo!! jejeje...

Muchos besitos mi reina.

Reina de Palandria dijo...

ei, que eu non leo libros destos por nada , nin siquiera me gustan, e so que son os máis baratos e máis faciles de ler ,para levar á praia e que acaben todos feitos polvo, pringosos de Nivea solar (xa sabedes o meu exceso nisto de poñerme crema)

bicos

Raquel Gulías dijo...

Pues a mi los libros de autoayuda me parece que están muy bien, ..y de hecho creo que me voy a comprar alguno.
Y como dice Bea, que nos quieran pero "de verdad", que ya está bien. Agradecidos tenían que estar ellos de que cualquier mujer como nosotras les hiciese un poco de caso. Ay! cuanto vale nuestro afecto..

vanesa dijo...

Nunca amamos a nadie;amamos ,sólo,
la idea que tenemos de alguien.
Lo que amamos es un concepto nuestro,es decir,a nosotros mismos.

Fernando Pessoa

Raquel Gulías dijo...

osea, que si solamente amamos el concepto que tenemos de alguien, y un concepto no tiene por qué ser real, es posible que amemos desde la idealización ( casi siempre) Solo amamos "eso" que nos gustaría que fuese la otra persona?...vaya..es interesante, saber que según Fernando Pessoa amamos solo un concepto nuestro..
Gracias Vane, me ha gustado mucho esta cita.