Despertei esta maña cos ecos dun sms resoando insistente no meu subconsciente. Comezaba o sms cun "no quiero" e a partir de ahí todo foi negatividade. Un "non quero" escrito ten dobre valor que si só se pronunciaron as palabras ao vento. Cando se escribe, ainda que sexa tan só no cutre teclado dun teléfono móbil, adquire de pronto unha forza arrolladora, trascendente e contundente, que non pode deixar de terse en conta. Os "non" son iso, negación, peche de portas, falta de espectativas.
Minto si digo que non sentín certa angustia, o peito aflixido e ata mesmo se me nublou un pouco a vista. Non é para menos, cando te volven a ferir, coma si nada, coma si non valeses nada. Pero é peor cando a persoa que te desprecia, que che di "non" con absoluta contundencia é a mesma sempre. Entón daste conta dunha cousa, que a culpa é túa, tan só. E venme á cabeza aquel dito que di " si me enganas unha vez a culpa é túa, si me enganas dúas veces, a culpa é miña". Pois o mesmo. Teño polo menos que aplicarme a responsabilidade do segundo "non", ese que chegou cunha caligrafía perfecta, con tódalas letras, a pesar de ser a través dun teléfono móbil.
Aprendida a lección de onte pola noite -unha vez máis- creo que é o momento de reinventarme, para non morrer coma sempre en tódolos accidentes. Hoxe luce o sol, é verán, coa convulsión anímica que eso supón. Cando penso nos seus ollos dame por crer ás veces que algo pode cambiar , pero hoxe sei que non. Por ultima vez neste blog , Julito adeus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario