"A noite máis máxica do ano. Galicia viviu onte unha noite especial cun milleiro de fogueiras de San Xoán, debidamente acompañadas, con sardiñas , churrasco, viño e moita troula." Este é o titular que atopamos hoxe nun xornal galego - como o que aparecerá en calquera outro diario- nun intento de facer un resume idílico do que significa a noite de San Xoán. Sin embargo unha cousa é a tradición, e outra ben distinta como despois se desenrolan os feitos. Porque nun principio o que parecía sinxelo, achegarse á cacharela dunha asociación de veciños e pagar un recibo de 7 euros que che daba dereito a sardiñas , pan e bebida pode convertirse nun enfrentamento subido de tono cos responsables de toda a asociación. Xuro que non foi culpa nosa. Non é o noso estilo, pero cando fas cola unha hora -cívicamente- e despois da espera te atopas con que non hai bebidas, nin sardiñas, nin platos...e cando ainda por riba che dicen que é a terceira vez que te pasas pola mesa a recoller platos de comida, pois claro, a unha por moi máxica que sexa a noite non lle queda máis que encender o xenio. E xenio levábamos para dar e tomar. Así que eu a voces, sentindo ofendida a nosa honra profundamente, e as miñas amigas máis conciliadoras -máis valeu- acabamos no medio dunha trifulca cos responsables da asociación. Finalmente devolverónnos os 7 euros -que nos non era polos cartos, pero que se rian de nós non- e ata nos pediron disculpas. Dignamente vimos como se prendía a cacharela, e mesmo queimamos os nosos desexos no lume, e saltamos para purificarnos. Pero pouco tempo nos deixamos arrastrar pola tradición, que despois das broncas o que cómpre e ir a territorio amigo, a onde un se sinte como na casa, protexido e quente. E así fumos á praza da Verdura, á que levan tódolos camiños nesta cidade, e alí, a cear amendoas e cacahuetes -o que había- que a falla de sardiñas boa foi a dieta hipercalórica de Vanesa. Vamos, que nin maxia , nin espantamento de meigallos, nin purificación do espíritu, nin comunión perfecta de noite e lume, nin nada de nada.
E claro, con estes antecedentes, como para confiar agora en que se cumpran os desexos. En fin, todo por 7 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario