Puidemos. Quero berrarllo hoxe a tódolos incrédulos, a tódolos pesimistas: Puidemos. 44 anos sin gañar unha eurocopa demostraron sobradamente que sabemos perder, pero onte demostramos que tamén sabemos gañar. Porque onte a selección fíxose grande no campo de xogo, e cun só gol conseguiu cumprir as ilusións de todos, unificar o noso sentir e a nosa ledicia. Vestimos de vermello nunha tarde que prometía festa e que non decepcionou. Vestimos de vermello, e non tivemos reparo en axitar bandeiras de España. Estivemos unidos dende o principio ata o fin, cando xa campeóns paseamos a nosa ledicia polas rúas de tódalas cidades. Emocionounos Casillas, nesa imaxe memorable na que levantaba a copa de vencedor. Xúbilo interxeneracional, porque todos estabamos na rúa, todos pendientes dos 11 do campo, e todos saltando como tolos cando Torres meteu o gol, o gol que nos fixo campeóns.
Insisto, non entendo de fútbol, pero hai acontecementos que van máis alá do fútbol. Onte os españois , nas prazas de toda España corearon ao unísono "oe,oe , oe...", deron ánimo á selección e entregaronse por completo ao espectáculo do fútbol. Eu incluída. Os meus amigos atreveronse a dicir que estaba tirando os meus principios cando me puxen anudado ao pescozo unha pañueleta vermella que regalaba a Diputación de Pontevedra. Quizais o xesto parecese algo así, pero non. Onte non. Onte era só euforia colectiva, orgullo, emoción. Onte eran as nosas cores, un síbolo do que nos une. Que as pañueletas as pagase a Diputación, era o de menos.
Na Ferrería estaban todos. Feijoo, Ana Pastor, Louzán. Recoñezo que no medio do ambiente festivo ainda tentei sacarlles unha foto, por morbo. Pero quedeime sin batería. Mágoa. E logo esquecín a súa presencia, e volvinme tola entre risas, oeos e aplausos expontáneos. Volvinme tola entre abrazos ás miñas amigas, entre berros que facían historia. España gañaba a Eurocopa no 2008, e eu estaba alí, na praza que agora forma parte tamén de min, coas persoas que me cuidan cada día, que me queren e quero, disfrutando non só do triunfo, senón da vida, da amistade, das cousas sinxelas deste mundo.
Cando as cousas van mal é preciso divertirse, evadirse a través do que sexa, e se é a través dun triunfo, mellor. A selección deunos onte alegría, fíxonos disfrutar e esquecer durante unhas horas todas as nosas penas. Cumpriu onte o fútbol á perfección o papel de opio do pobo, tal e como dixo Orwell na súa emblemática novela. Onte todos nos metimos a nosa dose de opio, para saturar a nosa conciencia de algo que non era patriotismo , nin orgullo nacional, por moito que algúns aproviten para facer esa lectura. Onte o opio era un triunfo despois de 44 anos (eu ainda non nacera). Nenos, avós, adolescentes...no mesmo espacio, pendientes do mesmo, felices polo mesmo. Unidos. As veces é necesario ese opio, para continuar despois con forza e enerxía. Gañamos, demostramonos a nós mesmos que podemos, e agora, coa resaca a costas da festa de onte, vencedores, mirámonos uns aos outros coa nostalxia na pel do momento que vivimos. Tamén sabemos gañar.
http://diariodepontevedra.galiciae.com/
http://www.lavozdegalicia.es/portada/index.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario