Comezou o verán, parece que agora sí. Inaugureino cunha tarde ao sol con dous bós amigos, e todo parecía igual que fai un ano, como si o tempo non puidese mudar as cousas importantes. Pero é unha ilusión, porque o tempo acaba por mudalo todo, queiramos ou non.
O peor da fin de semana foi a noticia terrible de que cerraron o meu pub favorito, ese local fantástico da cidade no que me sentía como na miña propia casa. Descoñezo os motivos do peche, pero estou segura que foi unha inxustiza provocada por alguén con envexa e malas intencións. Non só era un local no que divertirse bailando e tomando unha copa, era un local no que atoparte cos amigos, un ecosistema en sí no que todos os que alí estabamos nos coñeciamos e conversábamos, no que nos sentiamos libres para facer o que nos dese a gana. ¿E agora qué? Cando pecha o teu bar favorito é coma si unha parte de ti morrese dalgunha maneira, é a definición mesma da tristeza, xa o decía Sabina naquela canción “que no te cierren el bar de la esquina…”
Sinto o peche do pub como si fose unha sinal do que me espera, un cambio trascendetal, involuntario, ou quizais non tanto. Non quero pasar páxina nesta cidade, non quero meter seis anos en caixas de cartón e deixar amigos e recordos anclados para sempre nesta ría que tanto me costou aprender a amar. Pero agora sinto que son unha máis desta cidade, e non quero que o mundo se revolva baixo os meu pés. Non depende de min, e así as cousas, tan só podo lanzar palabras ao aire a través desta fiestra virtual, para paliar un pouco a ansiedade que provoca sempre a incertidume ante o futuro.
Xuño con sol, por fin. Sin bicos, pero coas caricias e os abrazos do home que eu tercamente elexín para desesperar as miñas madrugadas. Non podo decidir, moldear a miña realidade coma si fose barro nas miñas mans. Non podo querer a quen non deixa que o queiran e non podo desafiar á natureza das cousas. Así que, o mellor e deixarse estar, quieta, sentada no borde das preocupacións, expectante e tranquila, tomando unha cervexa cos meus incondicionais, e cunha ollada tímida ao album de fotografías que fun construíndo ao longo destes seis anos, por si acaso.

1 comentario:
ANIMO SUPER REINA,LO MEJOR ESTÁ POR LLEGAR,YA VERÁS COMO HABRÁ SORPRESAS, EN ESTE VERANO LOCO QUE NO DA LLEGADO.
BESITOS.
Publicar un comentario