27 junio, 2008

Vermello

Mónica Fernández-Aceytuno poñíase pesimista falando da cor vermella no ABC ,como si o vermello tivese a culpa de tódolos males e fose presaxio de cousas ainda peores. Menciona a Maquiavelo nunha cita memorable, eso sí ,pero despois, parece que quere darnos a todos unha bofetada para sacarnos da ensoñación de vernos o domingo coa copa de Europa baixo o brazo. E hoxe eu négome ao pesimismo, e négome a crer que esta cor de luz non garde na súa esencia tamén algún que outro bó presaxio. E precaución, si, pero tamén é forza, paixón, e en certa medida indica sobresalto. A min o vermello motívame positivamente, é a cor do amor e do sangue ( a min o sangue sempre me suxire vida) Que nos deixe esta tal Mónica disfrutar do triunfo, ainda que sexa tan só un momento efímero de felicidade o que nos está permitido, que nos deixe meternos de cheo na euforia futbolísitica, e olvidarnos así, por uns instantes de tanta crise, de tanta tristeza que albergan os corazóns, de tanta desesperanza. Que as bágoas chegan soas, e o optimismo é dificil de alcanzar, e por iso, eu négome hoxe a poñerme en guardia , todavía non. Hoxe celebramos, hoxe temos esperanza, que xa chegarán tempos peores para deixar de crer nos imposibles. Hoxe podemos. Queremos. Temos forzas e ganas. Para gañar a Alemania, e para vivir, tamén. O vermello é impulso vital, sexual, que da calor e ánimo. A cor das camisetas da nosa selección -arrebatada polos rusos- a cor das cereixas, a cor dos corazóns pintados nas tarxertas.

No hay comentarios: