Levanteime esta mañá cachonda pola proximidade do congreso. A tan só unha horas de que dé comezo o Congreso do PP a maior parte das incógnitas foron reveladas. Onte anunciou Rajoy cales serían xunto con el os que van dirixir o PP nos próximos anos. Na súa quiniela de gañadores vemos a María Dolores de Cospedal como número dous do partido. E nas vicesecretarías a Javier Arenas, Ana Mato e Esteban González Pons. A novidade está sobre todo no nombramento de María Dolores de Cospedal, que ademais de ser intimisima de Espe , é -por si non vos derades conta- muller. Ao final Rajoy optou por unha tropa na que destacan un número considerable de mulleres, un executivo rosa como diría Berlusconi.
Recoñezo que nos últimos meses seguín con certa fascinación a crise interna do PP. Vin como Rajoy era apuñalado luns a luns polos seus, e como pouco a pouco ía perdendo autoridade dentro das filas do partido. Pensei que Mariano chegaría a este congreso desgastado, vencido de antemán, coas cousas dificiles. Sin embargo non hai que ser analista político para darse conta de que Rajoy non está , nin moito menos, acabado. E máis ,parece que nos últimos días reforzou o seu liderazgo. A crise chega ao seu fin, ou polo menos é o que intuitivamente podemos apreciar.
Non hai candidato alternativo, e Esperanza Aguirre xa confirmou que votará a Rajoy no Congreso. Todo apunta a que non haberá sorpresas de última hora, e que Mariano sairá do congreso como un líder consolidado. Quedanme no obstante dúas dúbidas, a primeira, ¿onde queda Gallardón? E a segunda, ata cando este clima de paz dentro do partido, ata cando o apoio de Aguirre a Rajoy?
O que si queda claro é que de este congreso sairá configurado non só o novo Partido Popular, sinón que se determinará o panorama políticio español para os vindeiros anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario