Joder, qué fin de semana¡¡¡¡ Púxonos cardíacos a selección nun partido que rompeu tódolos tópicos, e así , despois dun partidazo –ata eu que non teño nin papa de futbol me din conta- gañou a penaltis contra unha Italia que todo o mundo daba por gañadora. 88 anos levaba España sin gañarlle a Italia, e foi onte cando se produxo o miragre.
Pero tivemos máis cousas. Eu bronquitis aguda, que me tivo na cama toda a fin de semana, coqueteando coa febre e con medicinas á miña beira. Rajoy con 409 votos en branco, ou en contra, que para o caso é o mesmo. 409 de 3000 é unha cifra relevante. Hai que tela en conta, cando menos. O saúdo entre Aznar e Rajoy foi frío, extremadamente distante, como si Aznar tivese medo de contaxiarse de socialdemocracia si lle daba a man a Mariano. Outro xesto que hai que ter en conta, cando menos. E Fraga poñendo a guinda a un congreso no que todo quedou igual, tal e como esperabamos. Non hai crise, e punto, diría don Manuel . Rajoy ten que conducir o partido os próximos tres anos. Gallardón ten moito que dicir no futuro do partido. Ahí é nada. Pero eu de todo esto quédome sen dúbida con esa muller que se empreñou aos cuarenta nun laboratorio, que apoia as vodas homoxesuais, está a favor do divorcio esprés e é por igual amiguita de Arenas que de Esperanza. Viva Dolores de Cospedal. Esa muller que me fai crer que outra dereita é posible. ¿Qué dirá disto a Conferencia Espiscopal? ¿E Rouco?
Pero cando a bronquitis non che deixa pensar, cando mesmo parece que te afogas por momentos e o teu entendemento é victima de 38,5º no termómetro, a fin de semana é casi un campo de batalla, no que estás a xogarte a vida. Fixo calor, de verán por fin. Os amigos fóronse de concertos mentres eu agonizaba e o home polo que suspiro facíalle ás beiras a unha das miñas amigas,ou tentábao, que para o meu estómago é o mesmo. O caso é que a felicidade dos outros provocoume tristeza, qué egoísta.
E entón apareceu no meu domingo negro, con olor a xarabe para os pulmóns, unha chamada de teléfono desas que che desmontan un pouco os esquemas. Eu incrédula, todo hai que dicilo, pero agradecín unha voz que me despertase pola mañán para disculparse, para pedir unha segunda oportunidade, para redimir as súas culpas. Cando alguén se disculpa conmigo a sensación de benestar que me queda é como unha bendición. Non só me reconcilio con esa persoa, sinón que me reconcilio tamén conmigo mesma, como si me perdoase a min mesma todos os erros que cometín. E procuro entón voltar a empezar, dende esas disculpas. E volto a confiar un pouco no xénero humán.
Logo chegaron máis chamadas – salvadoras- e mensaxes no móbil, e caricias coa voz, simplemente, como si non fixese falta nada máis, que alguén ao outro lado do teléfono para facerme ver as cousas doutro xeito. Xa sin él, sin a ilusión del, porque él nunca foi unha realidade. Coa frustación dos bicos que non nos daremos nunca. Con San Xoán no borde dos meus ollos, e os meus desexos ainda imperfectos, inconclusos. Comezou o verán esta fin de semana. Vin a España pasar a semifinais nunha Eurocopa, e sentín ternura por unha persoa que fai pouco me decepcionou enormemente. Pois iso, joder, joder, joder¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario