11 junio, 2008

Non sei que pintas aquí, no meu horizonte de mércores cun ceo azul que adianta unha tarde de praia. Non debería facer caso dos sinais tardíos que nada van aportar á miña felicidade, e sin embargo, sempre acabo confundindo o teu egoismo cun sentimento sinceiro. No fondo todos buscamos o mesmo nas persoas, que se queden paradas á nosa beira, sin molestarnos demasiado, en situación de espera ata que nos decidamos a incluilas na nosa vida, cando precisemos delas.
Pode que de a impresión de estar sentada nun cruce de camiños, agardando a que te decidas a non perderme de todo, a compartir conmigo esto que chamamos vida. Non é así, hoxe non. Comezo a desprenderme dos teus ollos, amodiño, eso sí.
No fondo dun vaso baleiro busco todos os veráns da miña vida, e con morriña doce paso como unha caricia polos nomes dos homes que nunca me quixeron. Non foi difícil esquecer a suavidade de peles que acabaron por non significar nada. Agora é a túa. O teu peito pode lerse como quen se adentra na lectura dun mapa, tamén o teu rostro. Podo aprender as marcas , as manchas , as imperfeccións de cada centímetro da túa anatomía, e sin embargo , non alcanzo a traspasar os teus ollos. Sei que me contan unha historia cando me miran, de soedade , de moita soedade, pero non consigo mergullarme nela de todo, aínda non.
Voute descubrindo nos pequenos detalles, e ti eres xeneroso nas túas respostas, nunca deixas indiferente a miña curiosidade, é certo. Respondes ás miñas dúbidas con seriedade e cercanía, e sin embargo nunca falas de ti mesmo sin que che pregunte.
E eu conformome con pouco , emocionándome incluso cos mínimos detalles, as túas cores favoritas, a túa ideoloxía política, o número do teu pé...


Non sei que pintas aquí, hoxe, nesta mañá na que o mundo é unha especie de inferno non desexado, con folgas, inflación polas nubes, desabastecemento nos mercados...Ti deberías de traer feliciade, un sorriso prendido na solapa para levantar o día con optimismo. Non. E sin embargo, sei que pronto estarei noutra encrucillada, sin ti, coa nostalxia dos teus ollos como un latexo constante, pero casi imperceptible.

No hay comentarios: