11 mayo, 2008

Por certo, estiven falando coa miña irmá por teléfono e comentoume que en Vilalba se agotaron os exemplais da Interviu na que saía en portada desnuda a sobriña de Rouco Varela. A miña Vilalba, caciquil, beata e sumamente hipócrita, que se recrea no morbo do prohibido, como si dunha terapia de limpeza de conciencias se tratase. E é que nas miserias de Magadalena redimimos ,dalgunha maneira, os vilalbeses todos as nosas propias miserias. Porque todos somos un pouco Magadalenas, que formamos parte desa familia sacramental, devota e votante do PP de cara ao escaparate, que no fondo sente un remordimento profundo, e quere rebelarse. Agotouse a Interviu non porque os vilalbeses quixeran facerse pallas mirando as tetas da Magdalena, sinón porque querían escoitar -ler, neste caso- as razóns que levaron a esta "sobrinísima" do presidente da Conferencia Episcopal a desnudar os seus sentimentos en contra do seu tío diante de todos os cidadáns. Os vilalbeses querían recrearse na razón última da hipocresía que domina a este gran varón-barón, e ser cómplices xunto con Magdalena da verdade que aflora tras as santas sotanas que cubren tanta estupidez. No fondo penso que non todo está perdido, que non falan contra da igrexia, que non van a manifestacións progres, e que nos colexios electorais non se atreven nin a saudar aos interventores do PSOE e do Bloque, pero no fondo, son capaces todos de ver máis alá das tetas da sobriña de Rouco, e compran a revista como unha forma de protesta, de berro unánime contra o "rancismo" establecido, que soa tal que así : as tetas da túa sobriña vímolas todos, e agora, ¿con qué cara ves a predicarnos coa túa palabra divina?

En fin, Vilalba...

3 comentarios:

nolita dijo...

que bonito es el amor,mas que nunca en primavera,quemañana sale el sol y que....por fin!por fin nos hemos librado del cinturon fruncido!es que no puedo evitarlo,no me gustaba esa persona.creo que a veces eres demasiado generosa con....
JO!yo tambien quiero una tarde de domingo asi,pero como estoy de baja,tengo que aguantar a mi madre y a sus amigan contandome sus problemas y si por encima le pudiese cobrar,pero es quelas muy.... se creen que me hacen un favor visitandome..ay!menos mal que mi padre me enseño a ser sufrida..

Reina de Palandria dijo...

jajaja, e eu que non sabia quen eras. Mira tu que lista, ao final conseguiches rexistrarte¡¡¡¡


En fin , o domingo deixao estar, que todo foi unha ilusión óptica.

bor dijo...

Nolita Nolita... muy bueno lo del pantalón fruncido!! Decia la Reina que se parecian mucho...

Ayer escribí cun comentario aquí... no esta!!

Debo tener un bichito en este aparato, bueno un monstruo debe ser ya!