07 mayo, 2008

Cacos en Ciencias Sociais

Comezan as miñas andanzas como estudiante, en fin, pensaba non dicir nada, pero hai acontecementos que me superan.Onte estiven toda a tarde, ata ben entrada a noite, na biblioteca de Ciencias Sociais e fun víctima dun roubo. Si, dun roubo. (Evitade as risas os que coñecedes o meu historial fatídico de víctima nesta cidade marabillosa) Xúrobos que diexei as miñas pertenzas soas uns cinco minutos , e foi xusto nese intre no que algún depravado -imaxino a un xove estudiante que se gastou os cuartos para a comida da semana en chocolate e fotocopias que viu nos meus 50 euros a solución á súa economía) aproveitou para meter a man no meu bolso, atopar o monedeiro e quitar nun só movemento rápido os billetes enrolados que me deran de cambio na cafetería cando fun pagar unha auga con un billete de cincuenta.
Non me fiaba eu moito da benevolencia das xentes que alí estudian neste maio que tan atragantado está sendo para a nosa economía, pero a miña amiga dixo con contundencia que non, que nesa biblioteca nunca faltaba nada. Pois foi chegar eu e hala, a romper as estadísticas. E é que estou farta da delincuencia de pacotilla nesta cidade, pero sobre todo estou farta de que sempre me toque a min. Levo nas miñas costas a humillación do roubo -en situacións ben distintas- de dous teléfonos móbiles, todo o diñeiro que levaba na carteira nunha ocasión, a carteira ao completo noutra, e agora os sabidos 50 euros. Menos mal que sumando todo non da nin para un disgusto memorable, pero a verdade é que rabia da, e moita. Sobre todo porque onte era o meu inicio no mundillo estudiantil pontevedrés, como unha universitaria máis que mochila en man se encamiña paseando cara o campus para enfrentarse a duras horas de estudio para os exames de xuño. Mal comezo, espero que non signifique un mal presaxio, e que se quede todo na foda do roubo en si, que xa é dabondo.

No hay comentarios: